Ola Ratiños!
O equipo de
Reporteiros Larpeiros continúa coa nosa volta ao mundo deste curso
facendo paradas en distintos países. Esta vez teñen a misión
de presentarnos algún dos seus saborosos pratos típicos.
E como
larpeiros que son, non podían facelo sen antes asegurarse de que
realmente están... deliciosos! Para iso, eles
mesmos van elaborar cada prato. Acompañados dalgún amigo resultará
aínda máis divertido, e por suposto, non temos que esquecer a axuda
dalgún adulto.
Ao longo das
vindeiras semanas irannos amosando aquí algunhas receitas propias
dos máis diversos países do mundo.
Convidámosvos a
que vós tamén as probedes nas vosas casas e nos deixedes un
comentario contándonos se vos gustaron.
Ao Ratiño e á
Ratiña gustaríanos ter un mural coas vosas fotos cociñando en
familia ou degustando estes pratos de distintos países; facédevos
unha foto e entregádella aos Reporteiros Larpeiros que se encargarán
de montalo.
Estamos
desexando velas!
HOla. es una actividad ''deliciosa''... seguro que cocinan super bien!! unos master chef en potencia y con comidas del mundo!!. seguimos en contacto
ResponderEliminar