luns, 19 de maio de 2014

DIA DO LIBRO 2014 - II

E xa para rematar co Día do libro, aquí vos deixamos algúns dos traballiños que os ratiños de Conmeniño fixeron despois das sesións de contacontos que tiveron lugar durante a nosa  Semana do Libro.

Os máis pequenos fixeron manualidades relacionadas cos contos:





E os nenos de 1º a 3º de primaria inventaron os seus propios finais para as historias que lles contaran:


                                 



                                     






E coma sempre, se queredes ver ou descargar todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

mércores, 7 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014- XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Como xa sabedes, este ano adícase o Día das Letras Galegas ao poeta lucense Xosé Mª Díaz Castro. Para descubrir máis cousas da vida e obra deste escritor galego, só tedes que premer na imaxe superior.

Premendo AQUÍ, atoparedes unha morea de recursos cos que aprenderedes moitas máis cousas sobre este autor.

Premendo na imaxe inferior, pódese acceder a unha compilación de recursos: unha unidade didáctica, un documental sobre a súa viad feito no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, un Karaoke...!


Premendo na seguinte imaxe, a versión web do conto O neno a estrela, unha historia homenaxe ao poeta.


Tamén un xogo sobre o poeta. Premendo na imaxe inferior para xogar!!!


Como cada ano, os alumnos do CPI dos Dices fixeron un xenial  telexornal sobre o autor homenaxeado. Poderedes velo premendo AQUÍ. 

E xa para rematar, AQUÍ poderedes ver un vídeo no que se recitan 7 poemas de Díaz Castro.


mércores, 30 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO EN CONMENIÑO

Ola ratiños!

Aquí vos deixo unhas imaxes resumo da nosa celebración do Día do libro. Coma sempre, se queredes descargar e ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Durante 3 días, o cole encheuse de historias, historias que os nenos de 4º a 6º prepararon para contar aos nenos de Ed. Infantil a 3º de primaria!


Os nosos contacontos particulares investigaron sobre diferentes xeitos de presentar unha historia, e así, tivemos un conto contado con sombras, historias dramatizadas, un conto con monicreques, contos con apoio dixital e ata unha historia musical!





Estivemos moooi atentos para non nos perder nadiña de nada!


A verdade é que estivo xenial, canto traballaron estes contacontos! Noraboa rapaces!


Agora só nos faltan unhas pequeniñas tarefas que facer: escoller un novo final para estas historias e contalo aos compañeiros!

xoves, 20 de marzo de 2014

CADERNO DE TRABALLO "8 MESES DE VIAXE SUBMARIÑA"

Como ben sabedes, durante este curso estamos de viaxe polo fondo mariño. Alá polo Entroido, grazas ao ratiño de Conmeniño,  descubrimos o libro "20000 leguas de viaxe submariña", do escritor francés Julio Verne. Dende entón, os nenos de 6º nos len cada 15 días un capítulo pola megafonía do cole, coma se fose un programa de radio! Como complemento á lectura do libro, traballamos nun caderniño no que imos rexistrando os traballiños do proxecto anual e a lectura desta obra.  Por se a alguén lle son útiles os caderniños deixámolos aquí,  só tedes que premer na imaxe inferior para velos e descargalos. Hai un para cada ciclo e está tamén o texto dos 7 capítulos cos que nós traballamos (empregamos esta versión adaptada para todo o colexio)


Aquí vos deixamos algunhas das portadas do libro "20000 leguas de viaxe submariña" deseñadas polos nenos de Conmeniño!








mércores, 19 de marzo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

UNHA ACTIVIDADE MOI SABOROSA...

Ola ratiños, 

hoxe tráiovos un recordatorio do que se está a cociñar en Pontevedra: O Salón do Libro de Pontevedra! Dende o 15 de marzo ata o 5 de abril podedes visitalo e descubrir como están "Cociñando contos" Premede na imaxe para ver o programa!


Saudiños de ratiño cociñeiro de contos!

domingo, 9 de marzo de 2014

UN ENTROIDO MOI MARIÑO EN CONMENIÑO

Ola ratiños! Por fin vos traio o resumo do que puiden ver da vosa celebración de Entroido.
Cando comezou a semana, empecei a ver cousas raras: nenos con barcos por sombreiro e con peixes cuberto o corpo enteiro...
Loco entereime, que era cousa do meco, ese meco mequiño... sempre mandando! Este ano, como non podía ser doutra maneira, ata o meco ven do fondo mariño, polo que os seus mandados trouxeron a brizsa do mar ao cole.
Un barco na cabeza, peixes por todo o corpo, unha áncora colgada da barrigola e uns zapatos preparados para a choiva e o mar...




E, xa chegado o día, un fermoso desfile! Os pequechos prepararon coas familias uns disfraces xeniais inspirados no libro que estamos a descubrir este ano no cole "20000 leguas de viaxe submariña" de Julio Verne. Así, desfilaron polo cole: Capitáns Nemo de 1º ciclo, polbos xigantes de Ed. infantil, submariños Nautilus de 2º ciclo e buzos de 3º ciclo.



Unha vez máis, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
Deica a próxima, amigos!



martes, 18 de febreiro de 2014

RECURSOS DO ENTROIDO

Unha pequena compilación de recursos variados do Entroido (actividades LIM, contos, imprimibles...).


venres, 14 de febreiro de 2014

SE A UNHA SEREÍÑA QUERES NAMORAR...

Hai cousa de dúas semanas recibimos no noso correo elctrónico una mensaxe do ratiño, si, o ratiño de Conmeniño ten conta de correo, el sempre tan moderno. Na súa mensaxe pedíanos axuda. Resulta que na súa viaxe polo fondo mariño, namorou dunha sereíña. Parecía moi preocupado, porque xa ten que voltar para o cole e quere que a sereíña veña con el, pero para iso ha de namorala; así que pediunos colaboración. Nós, coma sempre, encantados de axudalo, investigamos un pouco nos libros que contan grandes historias de amor e escribímislle uns conselliños. Enviámosllos por correo tamén, pero, por se alguén máis o rpecisa, fixemos este pequeno vídeo recopilatorio:



Agardamos que vos guste e namoredes moito polo mundo adiante!

mércores, 12 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Este ano, polo día da paz, o noso lema foi "Mans pola paz", simbolizando que todos xuntos seremos quen de ter un mundo mellor. 



Ademais disto, coñecemos un pouquño máis a Nelson Mandela, investigando sobre a súa vida, a súa importancia e a súa loita pola igualdade de dereitos.



Celebramos ademais un pequeno festival, no que cada aula compartiu as mensaxes de paz que escribiran. Metemos estas mensaxes nunha botella, que un pai do cole vai tirar ao mar (meteremos para entón todas as mensaxes nunha botella de cristal, xa que o plástico é moi contaminante), para que as nosas mensaxes cheguen ben lonxe levadas polas ondas do nosos querido mar.



Para rematar esta conmemoración, cantamos a canción "Mensajes del agua", de Macaco.


Se queredes ver máis fotos só tedes que premer AQUÍ.

martes, 4 de febreiro de 2014

CONTOS POLA INTEGRACIÓN

Premendo na imaxe inferior poderedes ler uns contos moi especiais e facer varias actividades sobre eles. 




luns, 3 de febreiro de 2014

CONSELLOS PARA ADQUIRIR BOS HÁBITOS LECTORES

Aquí vos deixamos un pequeno documento con algúns consellos para adquirir bos hábitos lectores. Agardamos que vos sexan de utilidade.