Como ben sabedes, durante este curso estamos de viaxe polo fondo mariño. Alá polo Entroido, grazas ao ratiño de Conmeniño, descubrimos o libro "20000 leguas de viaxe submariña", do escritor francés Julio Verne. Dende entón, os nenos de 6º nos len cada 15 días un capítulo pola megafonía do cole, coma se fose un programa de radio! Como complemento á lectura do libro, traballamos nun caderniño no que imos rexistrando os traballiños do proxecto anual e a lectura desta obra. Por se a alguén lle son útiles os caderniños deixámolos aquí, só tedes que premer na imaxe inferior para velos e descargalos. Hai un para cada ciclo e está tamén o texto dos 7 capítulos cos que nós traballamos (empregamos esta versión adaptada para todo o colexio)
Aquí vos deixamos algunhas das portadas do libro "20000 leguas de viaxe submariña" deseñadas polos nenos de Conmeniño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario