mércores, 14 de outubro de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebra o Día das Bibliotecas cun libro nas mans e un sorriso!

Que mellor forma hai de conmemorar o Día das Bibliotecas que cun bo libro entre as mans? 

Para nós, as bibliotecas son moito máis que estantes cheos de libros: son lugares de encontro, de descubrimento e de momentos compartidos. Por iso, este ano queremos celebrar este día tan especial xuntos e do xeito máis orixinal.

📅 Onde e cando?

  • Data: Venres, 23 de outubro

  • Lugar: Espazo fotográfico na entrada da centro

Como podes participar?

  1. Trae o teu libro favorito: Ese que che fixo soñar, rir, emocionar ou que reles unha e outra vez.

  2. Crea un recordo único: Pásate polo espazo especial que teremos preparado na entrada e saca cos/as teus/túas compañeiros/as unha fotografía para inmortalizar o momento.

  3. Comparte a túa historia: Despois de facer a foto, aproveita para recomendarlla aos teus compañeiros e compañeiras e contarlle por que é tan especial para ti.

Esperámosvos coas mans abertas e os libros preparados!

— O Equipo da Biblioteca



Ningún comentario:

Publicar un comentario