Con motivo do Día do Libro o pasado 23 de abril, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria gozou dunha actividade moi especial no Auditorio de O Grove.
Asistimos á representación teatral de Pedra de Cartón, que nos trouxo unha divertida versión de Carapuchiña Vermella. A través do teatro, o alumnado puido achegarse á literatura doutro xeito, desfrutando dunha historia coñecida chea de humor, emoción e sorpresas.
Foi unha actividade moi enriquecedora para celebrar o Día do Libro e seguir fomentando o gusto pola lectura tamén desde as artes escénicas.
Unha mañá para lembrar!



Ningún comentario:
Publicar un comentario