Hoxe tivemos a segunda sesión do Club de Lectura de 3º de Primaria, e foi todo un éxito. Para dar inicio a esta nova aventura, organizamos un pequeno xogo de pistas no que o alumnado tivo que poñer a proba a súa intuición, a súa atención e, por suposto, as súas ganas de ler.
Cada pista levounos un pasiño máis preto de descubrir o primeiro libro que traballaremos este curso no club. O título escollido é Somos os monstros, da autora galega Paula Carballeira. Unha obra de teatro chea de imaxinación, humor e reflexións sobre o medo, a identidade e a amizade. Estamos seguras de que vai dar moito xogo nas próximas sesións!
Agardamos seguir disfrutando destas pequenas xuntanzas lectoras que fan medrar a curiosidade, o gusto pola lectura e a ilusión por compartir historias.
O club de lectura xa está en marcha… e promete ser monstruosamente divertido!




Ningún comentario:
Publicar un comentario