Hoxe os alumnos e alumnas de 3.º e 4.º de Primaria tivemos a sorte de asistir á representación de Castelao no auditorio de O Grove. A obra, dirixida por Fina Calleja, presenta ao pequeno Castelao aos oito anos, na súa vila natal de Rianxo, alegre, divertido e con moita curiosidade.
A representación amosounos como, a través do xogo e da imaxinación, Castelao comezou a descubrir o seu amor polo debuxo, pola galeguidade e pola memoria do pobo.
Grazas á saída, non só desfrutamos do teatro, senón que descubrimos un gran persoeiro da cultura galega, entendido desde a infancia, e comprendemos que as raíces e os recordos do pobo tamén son un tesouro para conservar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario