Rematamos o curso por todo o alto coa presentación do noso Proxecto Documental Integrado! Foi unha xornada moi especial na que contamos coa participación das familias e na que se amosou todo o traballo realizado ao longo dos últimos meses.
En Infantil, os murais inspirados na pintura enchérono todo de cor
En 1º, os cortometraxes creados polo alumnado deixaron a todos/as abraiados/as.
En 3º representouse un conto creado e teatralizado polos nenos e nenas.
En 4º, expuxemos unha escultura colectiva feita con material reciclado, coa colaboración das familias e coa axuda de Retha de Kock, que dende aquí queremos agradecerlle publicamente o seu traballo e disposición.
En 5º, fixemos unha viaxe pola historia da música e tamén expuxemos o noso mercadiño Depoemprende.
E en 6º, a fotografía foi a protagonista, cunha exposición chea de talento.
Grazas a todos e todas por facer deste día un auténtico éxito! 💫
Ningún comentario:
Publicar un comentario