Ola familias, como todos os anos, xa están en marcha as nosas mochilas viaxeiras. Conteñen libros, cd de música e un diario donde deberán recoller mediante debuxos, resumos, fotos... de aquelas lecturas que máis lles gustaron.
A mochila tamén contén unha nota informativa con todos os pasos a seguir para o seu coidado e a súa devolución no prazo indicado.
Sen máis, esperamos que gocedes da lectura por pracer, e non esquezades enviar unha foto da vosa lectura en familia.
Moitas grazas pola vosa participación 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario