O alumnado de Educación Primaria acudiu ao auditorio do Grove para ver "Valentina", un emotivo e sensibilizador filme protagonizado por unha nena con Síndrome de Down á que lle morre a súa avoa.
Sabiades que...
- Valentina gañou o Premio Goya 2022 á mellor película de animación? Estes premios entréganselle ás mellores películas de España!
- Lucía Serén e Pepa Lockhart son as dúas mozas con Síndrome de Down que lle dan voz a Valentina?
- A directora desta película é Chelo Loureiro?
- A animación da película é obra do ilustrador David Pintor?
Bravo por Valentina e o seu equipo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario