martes, 13 de abril de 2021

INTERPRETACIÓN DA ENQUISA DE LECTURA APLICADA AO ALUMNADO DO CEIP CONMENIÑO POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA..

    As preguntas formuladas na enquisa foron as seguintes:

    1- Gústache ler libros?

    2.- Les por obriga ou por gusto?

    3.- Cando eras pequeno/a , os teus pais tiñan o costume de ler contigo?

    4.- Onde acostumas coller os libros que les?

    5.. Pides un libro como agasallo?

    6.- Recibes libros como agasallo?

    7.- Que xénero literario che gusta máis?

    8.- Cantos libros les ao ano?

    9.- En que formato les maiormente?

    10.- Canto tempo lle adicas á lectura por día?

    11.- Cantos días vas á biblioteca por semana?

    12.- Practicas lectura e voz alta ou baixa?

     O alumnado participante foi do 98%. As alumnas e alumnos de 4º de E.I. non participaron por razóns obvias.

    Despois de aplicar a enquisa aos compañeiros/as do colexio podemos dicir o seguinte:

    En primeiro lugar chegamos á conclusión de que o alumnado do centro le por gusto, fai unha lectura de xeito agradable; agás no curso de primeiro de primaria, onde se reparte case a partes iguais o gusto e a obriga pola lectura, sendo esta feita de xeito autónomo excepto no período de infantil onde as nais e pais se implican nunha lectura en voz alta cos seus cativos.

    En segundo lugar, en canto a procedencia ou lugar de adquisición de libros, concluimos que o alumnado de infantil a cuarto de primaria adoitan coller os libros na biblioteca escolar  mentres que os de quinto e sexto prefiren mercalos na libraría debido a distintas razóns:

    Os prazos para as devolucións fánselle curtos.

    A oferta é limitada en volumes e títulos requeridos por este segmento de poboación escolar.

    Podemos afirmar tamén que aparte de adquirir os libros en xeito de préstamo a gran maioría do alumnado recibe libros como agasallo.

    En canto aos xéneros literarios de maior éxito entre os nenos e nenas do colexio está o narrativo de aventura, sendo o científico o que menos gusta. En sexto nótase un cambio de tendencia do xénero de aventuras ao de misterio.

    A cantidade de libros que se len ao ano, así coma o tempo adicado á lectura está acorde á idade do alumnado, agás no grupo de primeiro, no que a media está por baixo do tempo de lectura recomendada. O formato elixido maioritariamente para ler é o papel, pero podemos dicir que en infantil apreciamos que unha quinta parte do alumnado le en formato dixital. En consecuencia atrevémonos a facer a seguinte predición: se esta tendencia se mantén no tempo á alza, pouco a pouco, poderíase perder a esencia de ler libros en formato papel.

    No que atingue aos cursos que visitan a biblioteca escolar, os que máis o fan son os de terceiro e cuarto, sendo a dos demais case unha visita testemuñal.

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario