luns, 11 de novembro de 2019

Mochilas viaxeiras

Bo día!! Como xa sabedes, dende o mes de outubro están en marcha as mochilas viaxeiras, recordade a importancia de coidar os materiais que levan así como de devolvelos todos, polo que vos pregamos que revisedes a mochila antes de mandala de volta ao colexio.
Ao igual que o curso pasado, as mochilas viaxan ás vosas casas os luns, durante 15 días, e é moi importante que sexades puntuais coas datas para que o resto dos compañeiros e compañeiras da clase poidan gozar delas.
Moitas gracias pola vosa colaboración e axuda. Un saúdo, GusiBot!

Ningún comentario:

Publicar un comentario