Son de OQO Filmes e están en lingua galega, durante a semana das Letras Galegas visionamos algúns cos máis pequenos do cole.
Animadevos a velos! Apertas de GusiBot!!
Aquí vos deixamos algúns enlaces:
- A bruxa regañadentes, sen dúbida, un dos favoritos dos máis pequen@s.
- Corre corre, cabaciña, tres animais e unha avoa son os protagonistas desta divertida historia.
- A tartaruga que quería durmir, un fermoso conto no que a amizade, non deixa pegar ollo.
- Cocorico, son varios os contos que hai deste protagonista, aquí deixamos un, o de gato pelado.
- A pota que trota, divertida historia tradicional danesa que nos amosan neste vídeo.
- Tres desexos, unha historia de tradición oral portuguesa na que se pon en valor o poder dos soños e a felicidade.
Ademais destes, hai máis opcións no seguinte enlace, con contos como A princesa do Caurel, Mister Corvo, Ollobrusco, Caracois, Loboferoz, O papón, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario