xoves, 2 de maio de 2019

Semana do libro, apadriñamento lector

Durante a semana do libro outra das actividades que se levaron a cabo foi un apadriñamento lector dos nen@s de 6º de Educación Primaria aos máis pequenos do colexio, o alumnado de Educación Infantil.
O mércores durante a hora de ler, os maiores visitaron aos nenos de 3 e 4 anos da aula do profe Marcos, mentres que o xoves á mesma hora, acudiron á aula da profe Rita cos nen@s de 4 e 5 anos.
Foi todo un éxito para os máis pequenos! Noraboa aos nen@s de 6º e grazas pola vosa colaboración e implicación!!!
Apertas de GusiBot
Algunhas fotiños da actividade e un vídeo sobre o que podedes clicar a continuación:

APADRIÑAMENTO LECTOR DOS NEN@S DE 6º DE EP





Ningún comentario:

Publicar un comentario