mércores, 14 de decembro de 2016

Novas de outubro e novembro

Ola ratiños, debido a problemas co blog non puidemos actualizar ata este intre, polo cal farémosvos un resumo de tódalas actividades realizadas nestes meses de outubro e novembro.

De principio puxemos en marcha as nosas mochilas viaxeiras como tódolos anos.



 
Tivemos a visita de Marina e Uxía dende a biblioteca do Grove contando un conto os mais pequenos do cole e fomentando o uso das bibliotecas e o amor pola lectura.

Tamén decoramos as nosas portas de clase en relación o noso PDI "dunha viaxe polo espazo" e fixemos unha visita a todas elas divididos en grupos explicando cada alumno/a desa clase o traballo realizado en canto o proxecto e a pertinente decoración.









 
No mes de novembro poidemos disfrutar dun contacontos ilustrado debido o 100 aniversario do nacemento do autor grovense Manuel Lueiro Rey grazas  ó colectivo Polo correo do vento, integrado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Ó  final da sesión todos e todas nos transformamos en pequenos ilustradores facendo unha caricatura do autor homenaxeado. 


















Ningún comentario:

Publicar un comentario