Hoxe traémosvos novas dende Biblioconmeniño, xa que hai novidades na nosa biblioteca! A partir do mes de abril, xa sabedes, o mes dos libros, algúns dos nosos libros cobraron vida fóra das súas páxinas.
Que que libros son? Pois aqueles que vexades que teñen un código QR na portada.
Para que serve ese código QR? Escaneando ese código accederedes ben a unha imaxe interactiva na que se aloxan o audio do libro, información do autor, vídeos e/ou xogos relacionados; ou a un enlace no que hai un vídeo sobre ese libro (por exemplo os libros dos que creamos a película en Stop Motion, como Troco, Non quero ser un polbo, ...)...
Polo de agora, a maioría dos libros co código QR son os libros en inglés, xa que aproveitamos á nosa auxiliar de conversa, Alyssa, para que gravase coa súa voz estes libros e convertelos así en audio-libros.

Agardamos que gocedes así aínda máis das vosas lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario