Para recordar a conmemoración do Día Internacional da Muller hoxe, 8 de marzo, comezamos a nosa tarefa de investigación "Mulleres Artistas". Aproveitamos a actividade para presentarlle ao alumnado as novas ferramentas coas que contamos na biblioteca, polo que organizamos a actividade do seguinte xeito: colocamos polo colexio carteis coa imaxe dunha muller artista e un código QR asociado a unha ficha de información interactiva (inclúen vídeos ou presentacións) sobre dita artista. No cartel hai tamén unha ficha de recollida de datos.
O alumnado ten que ir polo colexio atopando ditos carteis, escaneando os códigos QR para descubrir quen son as mulleres da imaxe e para completar a información da ficha de recollida de datos. Hoxe presentamos a actividade e nos vindeiros días terán que ir completando toda a información para descubrir a estas mulleres artistas.
Como complemento a actividade, e para que todo o alumnado coñeza a todas as artistas que presentamos aínda que non buscasen eles a información, traballarán despois nunhas fichas de traballo sobre a exposición.
Podedes coñecer as mulleres artistas que estamos a descubrir na seguinte presentación:
Interesantísimo. Grazas!
ResponderEliminarGrazas polo comentario. Un saúdo!
ResponderEliminar