Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, os nenos levaron a cabo nas aulas diferentes actividades. Traballouse a través de lecturas propostas, e debates varios sobre os estereotipos de xénero, como se comportan ante certas actitudes e comentarios...
Os pequechos do cole (6º EI) traballaron o tema da igualdade e os estereotipos a travñes dunha actividade en colaboración co CIM do Concello. Crearon cada un unha personaxe que podía ser neno o nena e escolleron xogos e actividades para el/ela. Con esta actividade pretendíase detectar posibles prexuízos e provocar o debate dos máis pequenos sobre as cores, os xogos, a roupa, os peinados...
Ningún comentario:
Publicar un comentario