Ola ratiños!
Somos os vosos amigos os reporteiros larpeiros de 6º.
Hoxe traémosvos unha pequena reportaxe sobre o Día das Bibliotecas que se celebrou no noso cole. Aquí a tedes.
"Ola,
son Alex Iglesias, o Reporteiro Larpeiro de 6º. Hoxe vouvos contar
como foi o noso Día das Bibliotecas.
O
pasado 24 Outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Por iso,no noso
colexio fixemos algo especial. Cada clase, uns días antes, elixiu un
tema sobre o mundoe os seus alimentos. Fixemos grupos e ese día
fomos visitando cada clase: a primeira foi a de 3 anos, que escolleu
“Os Froitos do Outono”. A súa porta era moi orixinal, con forma
de árbore e dela colgaban castañas coa cara de cada neno.
A
segunda foi a de catro anos que escolleron"Italia". Tiñan
a clase decorada con platos italianos, as bandeiras e góndolas
venecianas. Logo fomos á de cinco anos que escolleron"Hawaii".
Alí na porta tiñan un saúdo hawaiano, ”Aloha” que significa ola.
Despois
subimos ao primeiro andar e alí visitamos a clase de primeiro; eles
escolleron”Reino Unido”. Alí nos tiñan preparada unha mesa
para tomar o té.
Despois
fomos a de 2ºA a ver como tomaban o mate os arxentinos, a taza
chámase porongo.;
Despois
fomos á de 2ºB que elixiu ”China”. Alí non podían deixar o
prato baleiro porque era de mala educación, tiñas que deixar un
pouco de comida para que saiban que estás farto e que todo estaba
boísimo.
Logo
fomos ao supermercado de 3º que tiñan de todo”Philadelfia”,
“Costillas de Cerdo”. 4º foi o seguinte que fomos, tiñan alí a
un grovense que ganou un premio, que se chama “Javier Olleros”
que si queredes velo cociñar está en San Vicente no
restaurante”Culler de Pau”.
Logo
fomos a quinto que traballaron sobre México. Alí o seu prato mais
apreciado eran os “Chapulines” que en español son saltóns
fritos. E por último os de 6º que somos os Reporteiros
Larpeiros do colexio. Que iremos polo colexio e polo mundo
investigando cada vez mais cousas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario