Chegou o Nadal, e con el, a viaxe do noso ratiño. Como non podía ser doutra maneira, este ano vai viaxar polo fondo mariño, e, un ano máis, pediunos axuda. Escribiunos unha carta que podedes ler premendo AQUÍ, e deixóunola á porta das aulas haberá cousa dun mes.
Nesta carta pedíanos axuda para coñecer máis cousas sobre po fondo mariño; criaturas perigosas, cousas nas que se fixar, animais a investigar... E nós, sempre atentos ás peticións do noso ratiño, puxémonos mans á obra a traballar.
Escollemos un tema, que foi o mesmo escollido por cada aula para o Día das Bibliotecas Escolares, pensamos nunha maneira de contarllo, documentámonos e elaboramos uns traballiños que presentamos estes días nos nosos festivais de Nadal para compartilo co ratiño e con todos os compañeiros do cole.
Ademais disto, cantamos unhas cancións mariñas tamén adicadas ao noso proxecto anual. Nós aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial, agardamos que ás familias lles teña gustado.
Pouco a pouco iremos colgando aquí as actuacións e os traballiños presentados, pero hoxe deixámosvos as imaxes do noso Nadal mariño. Premendo no collage accederedes a todas as fotos e podedes descargalas se queredes.
Aproveitamos a ocasión para dar as grazas ás familias pola súa colaboración.
Que pasedes unhas moi felices festas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario