xoves, 13 de novembro de 2014

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Ola ratiños!
Premendo na imaxe poderedes ler e escoitar a historia "A castaña que rebentou da risa", un conto ideal para este tempo de outono. Ademais poderedes facer as actividades despois do conto para ver se entendestes todo :)


xoves, 6 de novembro de 2014

SAMAÍN 2014-2ª PARTE

Ola ratiños!

Aí vai a compilación das vosas marabillosas cabazas! Este ano no que andamos dando "A volta ao mundo montados nun prato", o tema proposto para as cabazas foron os alimentos, os países, a xeografía... E unha vez máis as familias deixástenos a todos abraiados. PARABÉNS ÁS FAMILIAS POLA SÚA CREATIVIDADE E COLABORACIÓN, MOITAS GRAZAS!

martes, 4 de novembro de 2014

SAMAÍN 2014-1ª PARTE

Ola a todos!

Aquí vos deixo un pequeno vídeo co que foi o noso Samaín rodeados de pratos! Os días previos buscamos na rede diferentes ideas para preparar aperitivos de medo, escollemos un para cada grupo e na mañán de Samaín fixémolos cos compañeiros para logo compartilos con todo o cole. Foi unha mañan xenial e, xa sabedes, se queredes repetir as receitas, AQUÍ as tedes! 


Tratouse dun traballo cooperativo que deu moi bos resultados, BO TABALLO, rapaces! Agardo que gozarades moito desta merenda preparada por vós mesmos!

xoves, 30 de outubro de 2014

RECEITAS DE SAMAÍN

Ola ratiños!

Despois de ver a boa pinta que tiñan os  aperitivos de Samaín esta mañán, aquí vos deixamos unha pequena compilación coas receitas por se queredes repetilos nesta longa fin de semana. Pinchade na imaxe para ir ao documento.

E estade moi atentos, nos vindeiros días, as imaxes e as crónicas do noso Samaín - Halloween, o noso Día das Bibliotecas escolares... Levamos uns días moi ocupados!

Que pasedes unha moi boa fin de semana!





martes, 28 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES I

O pasado venres 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. No noso cole, relacionado co noso proxecto deste curso, o ratiño propúxonos o seguinte: 



Aquí vos deixamos unha pequena presentación de imaxes co que pasou no cole ese día e, en breve, os REPORTEIROS LARPEIROS de 6ºde primaria farán a súa crónica do evento, estade moi atentos!

sábado, 4 de outubro de 2014

SELECCIÓN DE RECURSOS PARA O NOSO PDI

Ola a todos!
Deixámosvos aquí unha selección de recursos e ligazóns como inspiración e material complementario para o desenvolvemento do PDI.


martes, 30 de setembro de 2014

XA TEMOS TÍTULO PARA O PDI - COMEZAMOS!

Ola ratiños!

Xa é oficial, xa temos título para o proxecto sobre o que imos traballar neste curso.


Quedei abraiado co rápidos que fostes atopando todas as pistas no patio e que ben seguistes as instrucións que vos demos a ratiña máis eu no correo electrónico que vos enviamos. 



Agora entón, toca poñerse mans á obra! Todos preparados? Abrochen os cinturóns, partimos dar "A VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO".

luns, 15 de setembro de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!



Ola a todos! 

Xa estamos de volta, e con moita enerxía para comezar un novo proxecto co que aprenderemos unha morea de cousas. Como xa vos dixen, este ano estaremos acompañados pola ratiña (antes serea) que, por arte de namoramento, perdeu a cola xusto a tempo!

Polo de agora, só vos deixamos algunha pista a ver se sodes quen de adiviñar cal vai ser o tema do proxecto deste curso. Estade ben atentos e abride ben os ollos para non vos perder ningunha sinal.


Deica a próxima e.... BENVIDOS AO CURSO  2014/2015!


luns, 30 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO V

E, xa para rematar co resumo do noso festival dende o fondo mariño, os vídeos de recordo dos nenos que cambian de etapa e cos que celebramos a súa graduación.

Os nenos de 6º de Ed. Infantil faláronnos de como foi esta etapa para eles:


E, para os nenos de 6º de primaria, esta compilación de imaxes do seu paso polo colexio:


sábado, 28 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO IV

Hoxe tráiovos os vídeos que faltaban do noso festival de fin de curso.

Comezamos cun grupiño de  nenos de 4º de primaria, que nos contaron a historia "Noite das Mudanzas" con teatro de sombras.



O alumnado de 6º de primaria deixounos a todos abraiados coa representación da obra "O rei bandullán"que aquí vos deixamos.


E, como actuación final, tamén os nenos de 6º de primaria cantaron "Si me voy", a sonada canción dos vasos! Foi un momento cheo de emocións!



xoves, 26 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO III

Ola de novo, ratiños, aquí vos deixo máis actuacións do voso festival de fin de curso.

Comezamos coa representación que os nenos de 1º fixeron do conto "Dona Carme".



Seguimos coa actuación dos nenos de 2º, que descubriron que  "Hai un colexio no fondo do mar".

Os nenos de 4º representaron unha obra de teatro en inglés "Sad crab in a hat", coa actuación estelar dos "Conmeniño School Beatles"!



E, xa para rematar por hoxe, dende a aula das baleas "Ondiñas veñen e van"


mércores, 25 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO II

Ola ratiños!
Tal e como acordamos, aquí vos traio a 2ª entrega do fin de curso mariño de Conmeniño.

Comezamos cos nenos de 4º de EI, que cantaron "En el fondo del mar..."



Os nenos de 1º e 2º presentáronnos a súa curta "Non quero ser un polbo!", e fixérono así:



Os nenos de 5º de EI foron ao mercado no fondo do mar e alí...