luns, 12 de febreiro de 2024

11F- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Exposición temática de libros en relación co Día da Muller e a Nena na Ciencia.



O alumnado de 3º e 4º de Primaria, asistiu a unha ruta ornitolóxica para realizar un avistamento de aves da nosa contorna. 
Primeiramente, recibiron unhas nocións básicas de aves da man de Encarna, ornitóloga, que compartiu con nós todos os seus coñecementos e o seu entusiasmo e actitude respetuosa coas aves e co medio ambiente. E logo, debido a climatoloxía, o avistamento realizouse na Lanzada, onde puideron observar distintas aves a través dos prismáticos e anotar nun caderno de campo todas aquelas especies que foron capaces de avistar.



Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, realizou unha saída a Naturnova, en Vigo, proposta pola Afundación, onde puido participar nunha serie de actividades divulgativas sobre a importancia das mulleres pioneiras no campo científico.







luns, 5 de febreiro de 2024

II Obradoiro de Robótica na Biblio

Este trimestre, nos recreos da biblio, realizamos o segundo obradoiro de robótica. O alumnado de 6º curso, coa axuda da mestra, foi o encargado de realizar estes obradoiros tan divertidos, a través da aprendizaxe entre iguais.


xoves, 1 de febreiro de 2024

II Marcha pola Paz

Ola familias, aquí tedes un pequeno resumo da nosa II Marcha Pola Paz. Moitas gracias á toda a comunidade educativa por acompañarnos un ano máis.



 Ao chegar ao centro, o alumnado de 6º leu un manifesto e 4º fixo a canción de Imagine en forma de poema.

mércores, 31 de xaneiro de 2024

SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

 Dende o 22 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, coa celebración do Día da Paz e da Non Violencia, os nenos e nenas de 2º traballaron sobre a figura de Sadako Sasaki e a lenda das mil grúas. Comezamos averiguando un pouquiño máis sobre Sadako, quen era esa nena?, que lle ocorrera? Tamén descubrimos a orixe da lenda das mil grúas. Para rematar e coñecer moito máis a fondo a Sadako e a súa historia, fixemos unha lectura compartida, cun capítulo diario, do libro “Sadako e as mil grúas de papel” de Eleanor Coerr. Como actividade de peche creamos un final alternativo para a historia de Sadako e pintamos un debuxo que a representaba.
Podes clicar na imaxe para poder ver o póster completo!



Baile de Entroido

Ola lectoras/es, o alumnado de 6º preparou a coreografía do baile de Entroido, en relación co proxecto do cole, Conmeniño Olímpico! Aquí volo deixo, para que poidades ensaiar moito! 

luns, 29 de xaneiro de 2024

Semana da Non violencia e a Paz

 Para conmemorar a Semana da Non Violencia e a Paz, colocamos na entrada unha exposición de libros.

Ademais, en relación a Biblioteca Creativa, realizamos un obradoiro de grúas da Paz, aquí vos deixamos un breve resumo e máis a súa historia.








II Marcha pola Paz

 Ola familias, 

Como xa sabedes, mañá 30 de xaneiro, celebramos a II Marcha pola Paz. Ás 10:30 horas está prevista a saída por Campos, baixada ata a igrexa, avenida de Portugal e subida de volta ao cole por Meloxo.

Esperamos que nos acompañedes, un ano máis, e poidamos colgar xuntos as nosas grúas da Paz.


Ao longo desta semana, tivemos na Biblio un Obradoiro de grúas pola Paz, podedes ver no código QR a súa emocionante historia.

As familias do cole teñen algo que contarnos...

Debido a que os nenos e as nenas de Infantil están a traballar o fondo mariño, tivemos a visita de mamás, tías... que teñen algo que contarnos. 

Susi, a mamá de Sergio, de 5 anos, que veu a contarnos un conto e a facer unha manualidade dun tiburón súper chula.






Andrea,  a tía de Israel tamén veu a ensinarnos un montón de cousas sobre o fondo mariño e quedamos abraiados!







E por último, Andrea a mamá de Manuel, veu a ensinarnos a facer un lienzo con cousiñas do mar, que podemos atopar pola praia.




Moitas gracias pola vosa colaboración e implicación familias!

domingo, 28 de xaneiro de 2024

Premios saudables do primeiro trimestre

 Merendas saudables no recreo para todo o grupo como premio por gañar a Autoestrada de Conmeniño ao longo do trimestre. Neste primeiro trimestre os gañadores foron: en primeiro lugar o alumnado de 4º e 5º (que participan de forma conxunta), en segundo lugar o alumnado de 3 anos e en terceiro lugar, o alumnado de 3º curso! 

En hora boa rapaces! 






 

xoves, 11 de xaneiro de 2024

Lectores Olímpicos do mes de Decembro

 Ola lectoras/es, 

aquí vos deixo aos lectores Olímpicos do mes de decembro, Eneko de 2º curso e Izan, de 4º. Parabéns rapaces!


mércores, 3 de xaneiro de 2024

Taller de Braille nos recreos da Biblio para conmemorar o 3 de decembro

Para conmemorar o 3 de decembro o alumnado de 2º de Educación primaria preparou un pequeno taller sobre a escritura Braille. Tivo lugar na Biblioteca do centro ao longo de toda a semana. 

Na aula, preparamos un abecedario xigante para plasmalo no corredor da Biblioteca, para que o resto dos cursos o puidesen ver. Tamén practicamos a escritura antes de comezar co obradoiro, así como as actividades que iamos presentar. Quedamos con moi boa sensación ao remate!

Por outra banda, a nivel aula, creamos unha pequena lista de palabras na Linguaxe das persoas xordas. As palabras gardan relación co proxecto do centro "Conmeniño Olímpico". Podedes ver os vídeos practicar!

martes, 2 de xaneiro de 2024

En 5 anos son uns artistas!

 Aquí vos deixo o vídeo do alumnado de 5 anos e o seu proxecto de arte do primeiro trimestre.