xoves, 5 de maio de 2022

MICRO ABERTO

Ola queridas lectoras e lectores!! 

Como sabedes, durante o mes de abril tivemos sesións de micro aberto nos recreos da biblio e foron todo un éxito!! Sodes todos e todas unhas grandes artistas!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos como resumo do que foron estas actuacións. Pasámolo xenial!!

Bicos de Gusibot














luns, 25 de abril de 2022

Solución 10º monumento

 Moi ben rapazas e rapaces! Eran os Moáis da Illa de Pascua, en Chile. Era difícil pero acertáchedes moitos!!


Coñecedes o novo??



venres, 22 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO 📚📖

Para conmemorar o día do libro creamos de forma colaborativa entre todo o centro o noso propio libro sobre o PDI "Países do Mundo".

Todos os países fixeron un gran traballo representando algo típico da súa cultura: un poema, unha lenda, un conto, representación de cousas tradicionais... 

O libro quedará exposto na biblio, así que poderedes ir a leelo e investigar sobre os países cando queirades.

Apertas de Gusibot!!




 

venres, 8 de abril de 2022

Solución 9º monumento

 Pensábades que era a ponte de Rande... Pero era o Golden Gate de San Francisco!!!

Noraboa ás nenas de sexto que acertaron!!



Esta semana santa de vacacións Gusibot vai a viaxar a un lugar con moita historia... Adiviñades onde está? Boa viaxe Gusibot!!!



luns, 28 de marzo de 2022

Solución 8º monumento

 Estas últimas semanas Gusibot viaxou con Nemo a visitar a Ópera de Sidney!!! Acertáchedes o monumento case todos, moi ben!!


Cal será a nova viaxe??






luns, 14 de marzo de 2022

Solución 7º monumento

Moitos pensáchedes que era a Catedral de Santiago... Case, pero non!! Acertaron as que puxeron que era a Catedral de Notre Dame, en París!!!



O novo monumento ao que viaxou Gusibot é un pouco máis lonxe e máis difícil... Pero douvos unha pista!! Sale en Buscando a Nemo 😉😉😉



martes, 8 de marzo de 2022

8M

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, e o alumnado estivo traballando sobre mulleres importantes da súa vida, pero tamén do país da súa aula, para coñecer un pouco máis a historia das culturas que estamos estudiando no noso PDI "Países do Mundo".

En Educación Infantil dentro do seu país MÉXICO, traballaron a Frida Kahlo.



En 1º de Primaria desde España, traballaron a Elena García Armada.



En 2º de Primaria desde Suíza, traballaron a Renate Brümmer, pero como vedes tamén investigaron sobre Greta Thunberg, Oprah Winfrey, Juana de Arco, Astrid Lindgren...



En 3º de Primaria desde Perú, traballaron a Laura Rodríguez Dulanto.



En 4º de Primaria desde Cuba, traballaron a Alicia Alonso.



En 5º de Primaria desde Italia, traballaron a María Montessori.



En 6º de Primaria desde Francia, traballaron a Marie Curie.



En Relixión desde Japón, traballaron a Katsuko Saruhashi.




Na Biblio tamén poderedes atopar un montón de biografías de mulleres importantes e libros con moitas historias sobre mulleres fortes e loitadoras das que poder aprender mil cousas. Deixámosvos un estante cunha pequena selección, pero se investigades pola biblio atoparedes máis libros sobre mulleres fascinantes da historia. 

















venres, 4 de marzo de 2022

LECTURA DIXITAL

Ola queridas lectoras e lectores!!

Como xa sabedes, hoxe démosvos os vosos identificadores e contrasinais para que poidades acceder á nova plataforma de lectura e préstamo dixital das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Para acceder a ela só tedes que picar neste enlace (tanto dende un ordenador, como tablet e móbil) e meter os datos que vos facilitamos hoxe: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/

Nesta plataforma poderedes ter acceso ao préstamo de máis de 3000 títulos dispoñibles para ler en pantalla en calquera momento e lugar. Así que xa sabedes, a bucear pola páxina e a atopar os libros para ler das temáticas que máis vos gusten!!

Apertas de Gusibot!!