sábado, 28 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO IV

Hoxe tráiovos os vídeos que faltaban do noso festival de fin de curso.

Comezamos cun grupiño de  nenos de 4º de primaria, que nos contaron a historia "Noite das Mudanzas" con teatro de sombras.



O alumnado de 6º de primaria deixounos a todos abraiados coa representación da obra "O rei bandullán"que aquí vos deixamos.


E, como actuación final, tamén os nenos de 6º de primaria cantaron "Si me voy", a sonada canción dos vasos! Foi un momento cheo de emocións!



xoves, 26 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO III

Ola de novo, ratiños, aquí vos deixo máis actuacións do voso festival de fin de curso.

Comezamos coa representación que os nenos de 1º fixeron do conto "Dona Carme".



Seguimos coa actuación dos nenos de 2º, que descubriron que  "Hai un colexio no fondo do mar".

Os nenos de 4º representaron unha obra de teatro en inglés "Sad crab in a hat", coa actuación estelar dos "Conmeniño School Beatles"!



E, xa para rematar por hoxe, dende a aula das baleas "Ondiñas veñen e van"


mércores, 25 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO II

Ola ratiños!
Tal e como acordamos, aquí vos traio a 2ª entrega do fin de curso mariño de Conmeniño.

Comezamos cos nenos de 4º de EI, que cantaron "En el fondo del mar..."



Os nenos de 1º e 2º presentáronnos a súa curta "Non quero ser un polbo!", e fixérono así:



Os nenos de 5º de EI foron ao mercado no fondo do mar e alí...



martes, 24 de xuño de 2014

DESPEDIDA DENDE O FONDO MARIÑO I

Ola a todos! Xa hai uns días que rematou o colexio para vós, pero eu aínda sigo polo cole ultimando moitas cousiñas para o vindeiro curso.
O pasado xoves e venres celebramos o fin de curso mariño de Conmeniño cun festival que estivo xenial. Pouco a pouco irei publicando os vídeos das vosas actuacións, pero hoxe para comezar, un pequeno vídeo resumo do noso festival de despedida!

Agardo que vos guste e que esteades a pasar unhas moi boas vacacións!
Pronto, as vosas actuacións!

xoves, 19 de xuño de 2014

UN NOVO NÚMERO DA NOSA REVISTA ESCOLAR - RAPACES E RAPAZAS Nº 72

Ola ratiños!

Aquí vos deixo o último número da nosa revista escolar, chea cos vosos traballiños, experiencias e aventuras mariñas neste curso. Coma o curso pasado, levarédela todos a casa nun CD. Bo traballo, ratiños!

sábado, 14 de xuño de 2014

NOS TAMÉN CREAMOS 2014 - AS NOSAS CURTAS

Como xa sabedes, este ano, igual que no curso pasado, participamos no concurso "Nós tamén creamos!", patrocinado pola Secretaría Xeral de política Lingüística xunto coa Editorial OQO e en colaboración coa RTVG. 
Neste curso, fomos os nenos de 1º a 4º de primaria e 6 mestras os que decidimos somerxernos nesta aventura (xa que estabamos de viaxe submariña...), polo que decidimos facer dúas curtas. Agora que xa están colgadas na sección infantil da páxina web da RTVG, xa podemos compartilas con todos vós. Agardamos que vos gusten!

"Non quero ser un polbo!" (alumnado de 1º e 2º de primaria)
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-conmenino-non-quero-ser-un-polbo

"Ranilda" (alumnado de 3º e 4º de primaria)
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-conmenino-ranilda

 Queredes saber todo sobre como as fixemos? AQUÍ o descubriredes!

Se queredes recordar a nosa curta do ano pasado... premede AQUÍ

E, xa para rematar,  se queredes ver os  traballiños feitos noutros coles, NESTE ENLACE atoparedes todas as curtas presentadas ao concurso este ano.

PD: NORABOA, rapaces e profes, BO TRABALLO!

luns, 9 de xuño de 2014

LER... CUN POUCO DE IMAXINACIÓN!

Ola ratiños!!!
Hoxe escribo para amosarvos a todos algo co que quedei moooi sorprendido. Ía eu paseando polo cole o outro día cando... de súpeto escoitei que algo pasaba na clase de 1º... Púxenme a escoitar tras a porta e estaban lendo unha historia dun robot, pero non era un robot calquera, non! Era un robot feito con imaxinación: con cousas da cociña, do salón, un aspirador... que disparate! Ou non... porque cal foi a miña sorpresa cando escoitei que os pequechos de 1º, con aquela lectura puxeron tamén a funcionar a súa imaxinación e comezaron a idear un robot feito coas cousas da clase. Que xenial é ler, que rato tan divertido pasaron (e eu tamén...) Pero non quedou aí a cousa, non. Botándolle aínda máis imaxinación, na súa casa, fixeron estes robots que podedes atopar polos corredores do cole. Bo traballo, rapaces, encántanme!


EN 1º... UN POUCO DE IMAXINACIÓN on PhotoPeach
Xa sabedes...


PD: Á sereíña tamén lle encantan...

mércores, 4 de xuño de 2014

NOS TAMÉN CREAMOS 2014-MAKING OFF

Ola a todos! Mentres non podemos publicar as curtas de animación que os nenos de 1º a 4º fixeron para o concurso "Nós tamén creamos", deixámosvos un pequeno vídeo resumo de como as fixemos. Agardamos que vos guste!!!

nonqueroserunpolbo+ranildamakingoff from Hello Teacher on Vimeo.

luns, 19 de maio de 2014

DIA DO LIBRO 2014 - II

E xa para rematar co Día do libro, aquí vos deixamos algúns dos traballiños que os ratiños de Conmeniño fixeron despois das sesións de contacontos que tiveron lugar durante a nosa  Semana do Libro.

Os máis pequenos fixeron manualidades relacionadas cos contos:





E os nenos de 1º a 3º de primaria inventaron os seus propios finais para as historias que lles contaran:


                                 



                                     






E coma sempre, se queredes ver ou descargar todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

mércores, 7 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014- XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Como xa sabedes, este ano adícase o Día das Letras Galegas ao poeta lucense Xosé Mª Díaz Castro. Para descubrir máis cousas da vida e obra deste escritor galego, só tedes que premer na imaxe superior.

Premendo AQUÍ, atoparedes unha morea de recursos cos que aprenderedes moitas máis cousas sobre este autor.

Premendo na imaxe inferior, pódese acceder a unha compilación de recursos: unha unidade didáctica, un documental sobre a súa viad feito no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, un Karaoke...!


Premendo na seguinte imaxe, a versión web do conto O neno a estrela, unha historia homenaxe ao poeta.


Tamén un xogo sobre o poeta. Premendo na imaxe inferior para xogar!!!


Como cada ano, os alumnos do CPI dos Dices fixeron un xenial  telexornal sobre o autor homenaxeado. Poderedes velo premendo AQUÍ. 

E xa para rematar, AQUÍ poderedes ver un vídeo no que se recitan 7 poemas de Díaz Castro.


mércores, 30 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO EN CONMENIÑO

Ola ratiños!

Aquí vos deixo unhas imaxes resumo da nosa celebración do Día do libro. Coma sempre, se queredes descargar e ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Durante 3 días, o cole encheuse de historias, historias que os nenos de 4º a 6º prepararon para contar aos nenos de Ed. Infantil a 3º de primaria!


Os nosos contacontos particulares investigaron sobre diferentes xeitos de presentar unha historia, e así, tivemos un conto contado con sombras, historias dramatizadas, un conto con monicreques, contos con apoio dixital e ata unha historia musical!





Estivemos moooi atentos para non nos perder nadiña de nada!


A verdade é que estivo xenial, canto traballaron estes contacontos! Noraboa rapaces!


Agora só nos faltan unhas pequeniñas tarefas que facer: escoller un novo final para estas historias e contalo aos compañeiros!