domingo, 24 de febreiro de 2013

MÁIS COUSAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, xa que naceu o 24 de febreiro de 1837. Ademais, este ano cúmplense 150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos", que motivou que se comezase a celebrar o Dïa das Letras Galegas e que marcou o rexurdimento da lingua galega.
Para que aprendades moitísimas máis cousas desta extraordinaria poeta, deíxovos un libriño dixital no que se fala dela e da súa obra.


Unha actividade LIM creada pola biblioteca da "CAracola Tola" do CEIP Aexandre Bóveda.


E xa para rematar, unha fermosa versión de "Adiós ríos, adiós fontes".


venres, 22 de febreiro de 2013

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola de novo! Este domingo 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, que naceu o 24 de febreiro de 1837. Queredes saber máis cousas desta recoñecida escritora galega? Premede na súa foto para coñecela un pouqiño e descubrir algo das súas obras tamén.


Unha moi boa lectura para calquera momento! Unha aperta de ratiño poeta!


xoves, 21 de febreiro de 2013

ANTES DO ENTROIDO ... O MECO MANDOU!

Ola ratiños, déixovos por aquí xa a última cousa do Entroido, as imaxes do que pasou a semana anterior ao Entroido, cos mandadiños do meco.





Premede AQUÍ se queredes ver máis imaxes . Poderedes tamén descargalas. Un saudiño de ratiño lector!


mércores, 20 de febreiro de 2013

UNS ALMANAQUES MOI NATURAIS!

Ola, ratiños! Aquí vos deixo unha imaxes dos vosos calendarios. Os calendarios que fixestes para un 2013 moi natural!
Podedes descargalas e velas todas premendo AQUÍ.




martes, 12 de febreiro de 2013

E ASÍ FOI O NOSO ENTROIDO NATURAL...

Ola ratiños! 
Por fin un pouco recuperado de tanta festa e doce do Entroido no colexio. Aquí vos deixo as imaxes que puiden capturar dos vosos disfraces naturais. Quedei moi impresionado, noraboa polo voso traballo!



 




E se premedes na imaxe inferior poderedes ver todas as imaxes do Entroido natural de Conmeniño (poderedes tamén descargalas se queredes). Foi un día xenial!





luns, 4 de febreiro de 2013

POLO DÍA DA PAZ...

Polo Día da paz, neste ano que estamos a adicar á natureza, decidimos escribir mensaxes de paz e colgalas decorando as árbores que temos na entrada do cole. Aquñi tendes un pequeno vídeo resumo do noso Día da Paz. Se queredes descubrir todas as mensaxes só tedes que ir á entrada do cole e lelas!

paz2013 from

venres, 1 de febreiro de 2013

ENTROIDO: UN POUCO DE TODO

Aquí vos deixo unha pequena recompilación de recursos para o Entroido: para facer máscaras, deseñar disfraces, aprender cousas sobre esta tradición, información sobre o Entroido galego, xogos, ... Un pouco de todo grazas a moita xente que comparte os seus traballiños na rede. Grazas a todos eles por compartir os  seus recursos!

martes, 15 de xaneiro de 2013

POLO ENTROIDO EN CONMENIÑO...

Ola ratiños! 

Xa está a piques de chegar o Entroido (que rápido pasa o tempo!), e este ano, dende o cole temos unha proposta para vós e as vosas familias. 
Como neste curso estamos a traballar a natureza ("Conmeniño, unha porta aberta á natureza"), queremos que o noso Entroido non vaia en contra dela xerando máis residuos; polo que imos celebrar este ano un "ENTROIDO NATURAL".
A idea consiste en que nas vosas casas, coas vosas familias, deseñedes e elaborades un traxe moi especial, feito con materiais de refugallo (roupa vella, cartón, botellas, papel de xornal, caixas... o que se vos ocurra) e ao mesmo tempo orixinal.
Deste xeito, o día no que imos celebrar o Entroido no cole (8 de febreiro), será un día cheo de sorpresas, xa que teremos a oportunidade de ver o imaxinativos e creativos que fostes todos para elaborar o voso traxe.
O tema dos disfraces é a NATUREZA (plantas, animais, insectos, elementos da natureza...). 
Agora xa só vos queda deixar a vosa imaxinación voar para a todos coa boca aberta deixar!
Déixovos aquí un pequeno vídeo con algunhas ideas que vos poden inspirar, por se as queredes empregar (non son todos traxes inspirados na Natureza, pero poden aportar ideas)


Isto é todo por hoxe, un saúdo de ratiño lector e ata a próxima! A traballar!


luns, 14 de xaneiro de 2013

O SOÑO DE LOLO

Ola ratiños, como xa se acreca o Día da Paz (30 de xaneiro), tráiovos un conto que pode ser moi útil para reflexionar nesta data ou calquera día do ano! Podedes escoitar o conto en galego ou castelán e facer despois as actividades. (Grazas á profe Belén Junquera por compartilo con todos nós!)


domingo, 23 de decembro de 2012

FESTIVAL DE NADAL-TERCEIRA PARTE

E, xa para rematar, aquí van as últimas actuacións do Nadal Cultural de Conmeniño. Unha vez máis, moitas grazas pola vosa colaboración, aprendín moitas cousas que me van ser de grande utilidade para a miña viaxe  á descuberta da natureza en distintas paisaxes.
Primeiro a actuación e a presentación dos alumnos de 5º, que viaxaron á rexión andina.


Aquí tedes tamén a actuación dos nenos de 6º, coa súa descoberta do continente africano.


E, finalmente, unha mensaxe de Nadal para todos.


Aquí sí que remata a reportaxe gráfica do Nadal cultural, foi unha festa xenial! Unha aperta de ratiño viaxeiro, vémonos á volta!!!

sábado, 22 de decembro de 2012

O NOSO FESTIVAL DE NADAL- SEGUNDA PARTE

Ola ratiños! Aquí vos traio a 2ª parte das vosas actuacións e presentacións. Cada vez que as vexo quedo máis impresionado!

En primeiro lugar, o turnop dos alumnos de 3º e a súa viaxe polo Reino Unido, cantas cousas aprendimos con eles, non si?

 

E para rematar, polo de agora, a actuación e presentación dos alumnos de 4º, coa súa descuberta de España.



Biquiños de ratiño viaxeiro á descuberta do mundo enteiro!

venres, 21 de decembro de 2012

O NOSO FESTIVAL DE NADAL - PRIMEIRA PARTE

Ola ratiños! O xoves e venres celebramos o noso Nadal cultural, cheo de actuacións, e moita diversión. Quedei impresionado con tanta información e colaboración. Fostedes de grande axuda coa vosa colaboración. Eu xa parto de viaxe, xa sabedes, para descubrir distintas paisaxes e aspectos da natureza que vos poidan interesar para o voso proxecto escolar. Pero antes de partir, todo o que vin no fetsival con vós quero compartir. Deixo preparadas as actuacións e presentacións, que irán aparecendo por aquí para que quede constancia da vosa grande labor.

Hoxe tráiovos as actuacións de Ed. Infantil, 1º e 2º.

Imos primeiro a Hawaii cos nenos de Ed. Infantil:



Seguimos cos nenos de 1º e a súa presentación e canción dende a China!



E para rematar por hoxe, os nenos de 2º co seu telexornal dende Alemaña e a súa actuación.