Aquí vos deixo unha pequena recompilación de recursos para o Entroido: para facer máscaras, deseñar disfraces, aprender cousas sobre esta tradición, información sobre o Entroido galego, xogos, ... Un pouco de todo grazas a moita xente que comparte os seus traballiños na rede. Grazas a todos eles por compartir os seus recursos!
Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove)
venres, 1 de febreiro de 2013
martes, 15 de xaneiro de 2013
POLO ENTROIDO EN CONMENIÑO...
Ola ratiños!
Xa está a piques de chegar o Entroido (que rápido pasa o tempo!), e este ano, dende o cole temos unha proposta para vós e as vosas familias.
Como neste curso estamos a traballar a natureza ("Conmeniño, unha porta aberta á natureza"), queremos que o noso Entroido non vaia en contra dela xerando máis residuos; polo que imos celebrar este ano un "ENTROIDO NATURAL".
A idea consiste en que nas vosas casas, coas vosas familias, deseñedes e elaborades un traxe moi especial, feito con materiais de refugallo (roupa vella, cartón, botellas, papel de xornal, caixas... o que se vos ocurra) e ao mesmo tempo orixinal.
Deste xeito, o día no que imos celebrar o Entroido no cole (8 de febreiro), será un día cheo de sorpresas, xa que teremos a oportunidade de ver o imaxinativos e creativos que fostes todos para elaborar o voso traxe.
O tema dos disfraces é a NATUREZA (plantas, animais, insectos, elementos da natureza...).
Agora xa só vos queda deixar a vosa imaxinación voar para a todos coa boca aberta deixar!
Déixovos aquí un pequeno vídeo con algunhas ideas que vos poden inspirar, por se as queredes empregar (non son todos traxes inspirados na Natureza, pero poden aportar ideas)
Isto é todo por hoxe, un saúdo de ratiño lector e ata a próxima! A traballar!
luns, 14 de xaneiro de 2013
O SOÑO DE LOLO
Ola ratiños, como xa se acreca o Día da Paz (30 de xaneiro), tráiovos un conto que pode ser moi útil para reflexionar nesta data ou calquera día do ano! Podedes escoitar o conto en galego ou castelán e facer despois as actividades. (Grazas á profe Belén Junquera por compartilo con todos nós!)
domingo, 23 de decembro de 2012
FESTIVAL DE NADAL-TERCEIRA PARTE
E, xa para rematar, aquí van as últimas actuacións do Nadal Cultural de Conmeniño. Unha vez máis, moitas grazas pola vosa colaboración, aprendín moitas cousas que me van ser de grande utilidade para a miña viaxe á descuberta da natureza en distintas paisaxes.
Primeiro a actuación e a presentación dos alumnos de 5º, que viaxaron á rexión andina.
Aquí tedes tamén a actuación dos nenos de 6º, coa súa descoberta do continente africano.
Aquí sí que remata a reportaxe gráfica do Nadal cultural, foi unha festa xenial! Unha aperta de ratiño viaxeiro, vémonos á volta!!!
sábado, 22 de decembro de 2012
O NOSO FESTIVAL DE NADAL- SEGUNDA PARTE
Ola ratiños! Aquí vos traio a 2ª parte das vosas actuacións e presentacións. Cada vez que as vexo quedo máis impresionado!
En primeiro lugar, o turnop dos alumnos de 3º e a súa viaxe polo Reino Unido, cantas cousas aprendimos con eles, non si?
venres, 21 de decembro de 2012
O NOSO FESTIVAL DE NADAL - PRIMEIRA PARTE
Ola ratiños! O xoves e venres celebramos o noso Nadal cultural, cheo de actuacións, e moita diversión. Quedei impresionado con tanta información e colaboración. Fostedes de grande axuda coa vosa colaboración. Eu xa parto de viaxe, xa sabedes, para descubrir distintas paisaxes e aspectos da natureza que vos poidan interesar para o voso proxecto escolar. Pero antes de partir, todo o que vin no fetsival con vós quero compartir. Deixo preparadas as actuacións e presentacións, que irán aparecendo por aquí para que quede constancia da vosa grande labor.
Hoxe tráiovos as actuacións de Ed. Infantil, 1º e 2º.
Imos primeiro a Hawaii cos nenos de Ed. Infantil:
Imos primeiro a Hawaii cos nenos de Ed. Infantil:
Seguimos cos nenos de 1º e a súa presentación e canción dende a China!
E para rematar por hoxe, os nenos de 2º co seu telexornal dende Alemaña e a súa actuación.
xoves, 20 de decembro de 2012
200 ANOS DOS CONTOS DOS HERMANOS GRIMM
Ola ratiños! Hoxe tráiovos unha nota cultural. Hoxe cúmplense 200 anos dos contos dos Hermanos Grimm, escritores de orixealemán e autores de historias tan coñecidas como "Hansel y Gretel", a "Carapuchiña Vermella"...
Durante o día de hoxe (20 de decembro), se ides a Google poderedes ver unha fermosa animación do conto da Carapuchiña Vermella. Aquí vola deixo:
E se premedes na imaxe inferior dos Trotamúsicos poderedes ver o 1º capítulo desta serie animada baseada na historia "Los músicos de Bremen" dos Hermanos Grimm.
martes, 18 de decembro de 2012
POLO NADAL... LIBROS, UN REGALO XENIAL!
Ola ratriños! Por se aínda non escribíchedes a carta aos Reis Magos, aquí vos deixo unhas recomendacións dun regalo xenial: lecturas!
Agardo que vos gusten estas recomendacións lectoras para o Nadal!
sábado, 15 de decembro de 2012
venres, 14 de decembro de 2012
RECURSOS DE NADAL
Ola ratiños. Aquí vos deixo este fantástico GLOGSTER ou poster dixital creado por Belén Junquera, e que podedes atoar no seu blogue "Casa de Tolos". Moitas grazas de novo, profe! Premede na imaxe do póster e a atopar as actividades para poder xogar!
E se querede máis recursos, ben premendo na etiqueta "Cousas do Nadal" ou na árbore de Nadal atoparedes moitas máis.
luns, 10 de decembro de 2012
domingo, 2 de decembro de 2012
PARA OS PROFES: ACTIVIDADES EN TORNO A LA LECTURA
Ola! Hoxe traio unha proposta lectora para os profes. Trátase dunha recompilación de actividades que se poden facer en torno á lectura. É unha selección feita por Loudes Domenech, autora do blogue "A Pie de Aula", un espazo moi recomendable para docentes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


