luns, 16 de abril de 2012

MÁIS COUSAS SOBRE O DÍA DO LIBRO

Ola!
Xa está aí o Día Internacional do libro. Mentres non chega o 23 de abril, por que non descubrides máis cousas sobre esta data e sobre Miguel de Cervantes. Premendo na imaxe inferior accederedes a unha webquest sobre este día. Tratade de contestar as preguntas empregando os enlaces que se vos facilitan e descubriredes cousas moi interesantes. A investigar!

venres, 13 de abril de 2012

O DÍA DO LIBRO E CERVANTES

Ola ratiñ@s! Canto tempo sen escribirvos! Que tal foron as vacacións? Espero que o teñades masado pero que moi ben e volvérades con moita enerxía para este tramo final do curso.
Hoxe tráiovos algo de información sobre o día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. Sabedes por que se escolleu esta data? Pois é porque se conmemora o aniversario da morte de Miguel de Cervantes, o autor da grande obra da literatura española, "El Quijote". E sabedes quen máis morreu neste día? Shakespeare, o escritor inglés autor de grandes obras como "Romeo y Julieta" o "Macbeth", que casualidade, non? dous grandes xenios que nos deixaron no mesmo día.
Para que descubrades algunha cousiña máis sobre este día, déixovos unha actividade coa que poderedes descubrir máis cousas sobre esta data, Cervantes e a súa obra "El Quijote". Só tedes que picar na imaxe de abaixo.


Para todos aqueles que queirades ir coñecendo "El Quijote", déixovos un enlaceno que poderedes escoitar os diferentes capítulos que compoñen o libro.


E para os profes que queiran traballar Cervantes nas aulas, se premedes na súa foto atoparedes unha excelente unidade con moitas ideas.


Ah! E estade moi atentos ao noso blogue e ao de Normalización Lingüística do cole (http://parladoiro.blogspot.com.es/) nos próximos días, imos descubrir que len os vosos profes, os vosos compañeiros... Así que, toca pensar:  Ti, que les?
Despois de tanto tempo, tiña moitas cousas que contarvos, xa vedes... Un biquiño de ratiño lector, vémonos na biblioteca!

luns, 19 de marzo de 2012

O DÍA DOS PAPÁS

Ola ratiñ@s! Hoxe, 19 de marzo, celébrase o Día do pai, por iso vos traio un conto no que un dos protagonistas é un papá. Espero que vos guste!


E se picades no debuxo da portada, poderedes ver o vídeo deste mesmo conto pero en inglés.


xoves, 8 de marzo de 2012

UN CONTO DE SEMPRE, UN POUCO DIFERENTE

Ola ratiñ@s de Conmeniño!
Hoxe, día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller ou Día da Muller traballadora. Por isto, tráiovos o vídeo dun conto de sempre pero un pouco diferente, o título é "El Príncipe Ceniciento". Por que digo que é diferente? Reflexionade sobre esta historia.


Tamén vos deixo uns poemiñas moi divertidos, da autora Carmen Gil cunhas actividades para traballar a súa comprensión.

E para os maiores, aquí tendes a historia dunha cincenta diferente. Lede o conto para saber que lle pasa a esta cincenta do século XXI.


venres, 2 de marzo de 2012

UN LIBRO MOI AMOROSO

Ola ratiños!
Quedei tan abraiado co voso libro cheo de cartas de amor que non puiden evitar poñelo aquí para compartilo con todo o mundo que queira lelo. Un traballo xenial e cheo de amor polos amigos, pola natureza, ao cole, polos profesores... Pinchade no libro dixital e poderedes ler as cartas sempre que queirades.



martes, 28 de febreiro de 2012

NOVAS NA BIBLIOTECA

Ola ratiñ@s! temos libros novos na biblioteca. Mirade, mirade! Aqui vos deixo algunhas das súas portadas. Espérovos na biblioteca para descubrilos!




luns, 27 de febreiro de 2012

ATCHISSS!

Non estou resfriado, non. "Atchiss!" é o título da entrada de hoxe porque vos traio un conto que se titula así. Unha historia para escoitar, ver e traballar a comprensión coas actividades de despois do conto. Noraboa  aos blogues "Cuentos de Tihada", "Cuaderno de Colores" e "AulaTic" polo seu xenial traballo e graciñas por compartilo!



Biquiños de ratiño lector, ata a próxima!

venres, 24 de febreiro de 2012

CONTOS INTERACTIVOS

Ola ratiños e ratiñas! Como foron esas vacacións de Entroido? Espero que o pasarades moi ben e tiverades tempo de ler un pouquiño. Que circo se montou no cole, con moitos paiasos, forzudos, malabaristas, tigres e domadores, magos e ata unha orquestra puiden ver dende a fiestra da biblioteca, supoño que o pasáchedes de medo!
Hoxe traiovos un lugar moi especial no que poderedes atopar moitos contos. Son historias singulares, xa que tedes que elexir vós como continualas. Pinchade na imaxe inferior para acceder a eles e pasalo de medo con estes contos interactivos.


Un saúdo de ratiño ;)

domingo, 19 de febreiro de 2012

ENTROIDO DE RATIÑOS

Ola ratiñ@s!!! Como van esas vacacións? Aquí vos deixo un conto con actividades sobre o Entroido. Que ten de especial ademais de ser unha lectura xenial? Que os seus protagonistas son ratiños coma min, lede e desfrutade!
Ah! e está en galego e en castelán. Moitas grazas á profe Ana Martínez Rey por compartir este grande traballo.


xoves, 9 de febreiro de 2012

O DÍA DE SAN VALENTÍN

Ola ratiños!!! O próximo martes 14 de febreiro celébrase o Día de San Valentín, que é un día adicado ao amor, ao amor que se pode sentir polos amigos, á familia, a natureza, os libros, as cousas que nos gustan... Verdade que todos e todas estades namorados de algo e alguén? Eu estou namorado do queixo, e tamén dos libros, que son as miñas dúas cousas favoritas neste mundo. Precisamente nos libros, dende as grandes obras da literatura universal ata os contos, atopamos grandes historias de amor; senón me credes, vinde á biblioteca e atoparedes moreas de libros que alan do amor. Aquí vos deixo un destes contos, o de "Crocodilo Namorado", o conto para escoitar e algunhas actividades para traballar despois.

mércores, 8 de febreiro de 2012

LECTURAS E COUSAS DE ENTROIDO

Ola ratiños!!! Que xa vin a que se está a formar no cole, cantos disfraces, canta festa! Por aquí vos deixo unhas cousiñas de Entroido para ler, xogar, aprender, ... e desfrutar!

Para aprender cousas do entroido en Galicia, premede  nos peliqueiros:


Un conto con actividades sobre o Entroido nunha carballeira premendo na imaxe de abaixo (podedes escoitalo en galego e castelán):


E aquí tendes moitas máscaras para imprimir, colorear e a todos abraiar!

venres, 3 de febreiro de 2012

A MAXIA DOS LIBROS...

Ola ratiños! Mirade que vídeo tan fermoso atopei, se é que cando eu digo que os libros son máxicos... Por iso me gusta a min tanto vivir na biblioteca, todo o día rodeado de libros, canta maxia ao meu redor!