mércores, 8 de abril de 2026

Día Mundial da Sáude "Mens sana in corpore sano"

Con motivo do Día Mundial da Saúde, no centro levamos a cabo unha actividade moi especial na que participou todo o alumnado.

A proposta xurdiu dende 3º de Primaria, que, dentro do seu proxecto sobre Roma, descubriu a coñecida frase “Mens sana in corpore sano”. A partir desta idea, reflexionaron sobre a importancia de coidar tanto o corpo como a mente e pensaron nunha actividade que permitise traballar ambos aspectos.

Así foi como chegamos a idea de facer unha sesión de ioga da man de Eva, que nos guiou nunha xornada chea de calma, concentración e benestar.

A través de diferentes posturas, exercicios de respiración e momentos de relaxación, o alumnado puido experimentar como conectar co seu corpo e coa súa mente, desfrutando dun tempo diferente e moi enriquecedor.

Queremos agradecer especialmente a Eva a súa dispoñibilidade, implicación e a forma tan próxima e coidada na que guiou a actividade, facendo desta experiencia un momento moi especial para todo o alumnado.

Sen dúbida, unha proposta fantástica que nos axudou a lembrar a importancia de coidarnos por dentro e por fóra 💚