luns, 13 de outubro de 2025

Mochilas viaxeiras 25/26

 Ola, familias! 

Un curso máis poñemos en marcha as mochilas viaxeiras para que poidades compartir cos nenos e nenas momentos inesquecibles de lectura en familia.

Dentro de cada mochila atoparedes libros en galego, castelán e inglés; nalgúns casos inclúense tamén CDs de música ou DVDs. Ademais, incorporamos o Diario da mochila, onde o alumnado deberá recoller, segundo a proposta indicada, a lectura que máis lle gustou (con debuxos, resumos, fotos…).

Na mochila viaxa tamén unha nota informativa coas indicacións para o coidado do material e os prazos de devolución.

Agardamos que gocedes moito das lecturas e deste tempo compartido. E lembrade: podedes enviarnos fotos das vosas sesións lectoras en familia.

Grazas pola vosa implicación e participación!