martes, 8 de outubro de 2024

Visita da mamá de Lobo

O alumnado de 4 anos tivo a sorte de contar con Iris, a mamá de Lobo para ensinarnos a plantar flores 💚
Foi unha actividade moi divertida e como podedes ver, pasárono en grande!
Moitas gracias Iris!!







O alumnado de 3 anos plantando castañas

 Estes nenos e nenas de 3 anos chegan con moitas ganas! Por aquí vos deixamos unhas fotos plantando castañas 💪











Abrimos as portas ás familias...

Ola familias, 
Alba, a mamá de Hugo, foi este ano a primeira en acudir ao centro a facer unha manualidade coas nenas e os nenos, a partir da historia que lles contou sobre o misterio das campás do arco da vella.

Moitas gracias Alba, pola túa iniciativa e participación e por facer posible esta actividade tan chula!

Ao resto de familias, se estades interesadas en vir, non dubidedes en contactar con nós 😊





 

venres, 4 de outubro de 2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2024-25

 Benvidas e benvidos a este novo curso 2024-2025. Este ano comezamos cun xogo de pistas e adiviñas para coñecer o noso novo proxecto: OLLARTE.

Que vos pareceu o noso inicio?




A continuación, nas seguintes publicacións, poderedes ir vendo todas as actividades que levemos a cabo este novo ano académico. Esperamos que vos gusten!
Apertas.