O alumnado de 5 anos creando fósiles de dinosaurio na biblioteca.
martes, 3 de decembro de 2024
Depoemprende
Depoemprende na escola é un proxeto educativo dirixido aos centros de Educación Primaria no cal o alumnado crea e xestiona unha cooperativa. Elaboran produtos e organizan a súa venda en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes, co fin de vender o que o alumnado elaborou, destinando unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.
Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a presentación da nosa empresa na Diputación de Pontevedra.
FRIDA KAHLO para concienciar sobre o 25 de novembro
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e interdisciplinarmente coa área de Educación Plástica, decidiuse traballar a través de Frida Kahlo, unha das artistas máis representativas do empoderamento feminino nun contexto artístico de loita pola individualidade da muller e pola liberdade creativa.
A partir de aquí elaboramos un certame de fotografía, que nos servise para investigar e falar, así como para caracterizarnos igual que a artista.
Por aquí pódese ver o creativos e creativas que foron os nenos/as, pero tamén as súas familias. Unha vez máis, gracias pola vosa participación.