Descubrindo a arquitectura e o cinema! 🏛️
Hoxe tivemos o pracer de recibir a Retha De Kock , nai de dous alumnos do noso cole, para falarnos sobre arquitectura e arte . 🏗️🎨 A súa historia é apaixonante e inspiradora!
Nada en Sudáfrica , Retha descubriu desde moi nova a súa paixón pola arte. En India, deu os seus primeiros pasos na industria cinematográfica, e ao volver ao seu país, traballou como freelance na construción de maquetas e accesorios , o que lle abriu portas a novas oportunidades en deseño, escultura e pintura.
O destino levouna ata Colombia, onde coñeceu a Carlos, e xuntos fundaron unha empresa que organiza o Camiño de Santiago en kaiak . 🚣♀️✨ Ademais, ambos seguen traballando na industria do cinema, fusionando arte, arquitectura e creación.
Foi unha visita chea de aprendizaxes e inspiración! Grazas, Retha, por compartir connosco a túa historia e ensinarnos que a arte poda leva rnos por camiños inesperados. 🌍
#ArteNaEscola #RethaDeKock #Arquitectura #IndustriaCinematográfica #OGrove #ProxectoDeArte #PequenosArtistas
Ningún comentario:
Publicar un comentario