domingo, 31 de marzo de 2024

Pilabot

Este ano estamos a participar no concurso de Pilabot, promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec. Trátase dun concurso onde os centros teñen que recoller o maior número de pilas ou acumuladores. Cantos quilos recolleriamos?


AS NOSAS EMOCIÓNS- RAQUEL PEDROUSO

E continuando coas emocións, tamén tivemos a sorte de ter con nós a Raquel Pedrouso, para falar cos nenos e as nenas sobre a saúde e a importancia de benestar emocional. 

Raquel foi moi empática cos nosos nen@s e deunos moitos consellos para seguir traballando en materia de saúde mental e benestar emocional. 

Grazas Raquel!!









EMOCIÓNATE- ELVIRA ROMAY

  As emocións son moi importantes na nosa vida, porque reflexan o noso mundo interno e o que interpretamos do que sucede ao noso arredor. Por iso, como aspecto importante da nosa saúde, tivemos con nós a Elvira Romay, que nos explicou como funciona o noso cerebro para que puidésemos entender un pouquiño mellor como nos sentimos en cada momento.

Elvira é terapeuta, pero tamén e mamá de Lucas, da clase de 3º curso. Por iso, queremos agradecerlle, unha vez máis, poder contar con ela en talleres tan importantes sobre a saúde das nenas e dos nenos.







Todas e todos contamos

 O pasado 8 de marzo tivemos con nós a "Todas e todos contamos", unha proposta inclusiva de Afundación. O obradoiro para os máis pequenos foi un conto teatrealizado sobre os distintos tipos de familias que podemos atopar. Despois, cada un deles debuxou a súa familia, creando entre todos un móbil colgante, que pasaremos a colgar na nosa biblio.








Foto dos móbiles colgantes cos distintos tipos de familias, que crearon os máis pequeniñ@s.


Para as nenas e os nenos de 2º, 3º e 4º a proposta foi un circuito circense, onde tiñan que realizar distintas actividades de equilibrio, puntería e acrosport.

E por último, para o alumnado de 5º e 6º, se lles explicará os principios da globoflexia para fomentar a creatividade e a imaxinación, traballando coa respiración e a concienciación da mesma, promovendo o traballo en equipo.





sábado, 30 de marzo de 2024

As nosas avoas

 Este ano, polo 8M, foi a quenda das avoas, unha parte esencial das nosas vidas. Elas,  puideron vir ao centro a contarnos historias, contos, lendas, refráns ou historias da súa infancia... e así foi como algunhas delas animáronse a participar compartindo un anaquiño do seu tempo con nós. 

Gracias por facelo posible familias, e non deixar de colaborar 💪 

A continuación, déixovos un pequeno resumo coas grandes protagonistas.

Comezando polos máis pequenos, tivemos a visita da avoa de Manuel de Pedre, de 3 anos, que nos trouxo diferentes sementes para plantar e nos explicou tantas cousas sobre o horto.











E así foi como a partir de aquí creamos os nosos propios semilleiros. Gústanvos?

Logo, pasamos á aula de primeiro de primaria, onde a avoa de Eva contounos un conto precioso sobre os avós. 

E a avoa de Valeria, que nos veu a falar da súa infancia e dos recordos tan bonitos que aínda ten sobre a súa mestra.




No terceiro curso acompañounos a avoa de Lucas Charlín. Falounos da súa infancia, contounos historias e agasallounos cun obxecto de Amigurumi ganchillado, creado por ela. A verdade é que quedamos abraiados/as!




En cuarto curso, a avoa de Borja e Vera tamén tivo moitas cousas que contarnos, pero entre elas unha moi deliciosa... veu a facer con nós unhas brochetas de froita!



E por último, no sexto curso, as avoas de Lara e de Inés tamén tiveron moito que aportar falando un pouquiño da súa historia e da súa infancia.


Dende o cole, queremos agradecer a todas as avoas a vosa participación e colaboración nestas actividades de tanto proveito para o futuro das novas xeracións, que sepan valorar e aproveitar as oportunidades que a vida lles ofrece. Gracias familias 💜