martes, 11 de febreiro de 2025

Visita da Revista Salhadoiro

Preservando a nosa cultura con Salghadoiro! ✨📰

Esta vez foi a quenda de Leticia Castro, xornalista de La Voz de Galicia, e Andrea Menéndez, que xa nos visitara o pasado venres. Xuntas son as creadoras de Grovemakers e viñeron a presentarnos a revista Salghadoiro. 📖

Esta publicación, formada por elas dúas xunto con Carlos Besada, Lino Prieto, Víctor Gallego e Miriam Barral, nace co obxectivo de conservar e divulgar a cultura, a tradición, a creatividade e a arte para que non se perdan co paso do tempo. 

Un proxecto marabilloso que nos lembra a importancia de coidar o noso patrimonio cultural! Grazas, Leticia e Andrea, por compartir connosco esta iniciativa tan especial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario