martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN 2023

Aquí tedes o vídeo de recompilación do noso día de hoxe. Tivemos unha entrada arrepiante, actividade chamada "Leme, profe: contos na Lareira", merendas terroríficas, baile, anuncio dos gañador@s dos concursos de bruxas, monstros, micro relato...e moito máis!

Grazas unha vez máis pola vosa participación e colaboración, familias! Pasamos unha mañá con moito medo, pero tamén moi divertida!


 

Lector/a Olímpico

Nenas e nenos, estade moi atentos porque a partir do día 1 comezamos co lector ou lectora do mes. Conseguiredes ser lectores/as olímpicos/as?

*Para os que non coñezades a dinámica, esta consiste en que o alumno ou a alumna que lea máis libros ao mes recibirá un agasallo.


 

O alumnado de 5 anos presenta...

 O alumnado de 5 anos presenta o seu traballo co libro "Brunilda e Bruno, a cabaza asombrosa"


Novo espazo: Rincón de pensar

Familias e alumnado, animádevos a participar no noso novo espazo, o "Rincón de pensar". As preguntas irán cambiando, estade atent@s!


 

Exposición de libros de Samaín

Queridas familias e nen@s, non esquezades que podedes levar os exemplares de Samaín para a vosa casa a través do préstamo na Biblioteca. 





VALENTINA

 O alumnado de Educación Primaria acudiu ao auditorio do Grove para ver "Valentina", un emotivo e sensibilizador filme protagonizado por unha nena con Síndrome de Down á que lle morre a súa avoa.





Sabiades que...

- Valentina gañou o Premio Goya 2022 á mellor película de animación? Estes premios entréganselle ás mellores películas de España!

Lucía Serén e Pepa Lockhart son as dúas mozas con Síndrome de Down que lle dan voz a Valentina?

- A directora desta película é Chelo Loureiro?

- A animación da película é obra do ilustrador David Pintor?

Bravo por Valentina e o seu equipo!

Xogando cos legos na Biblio

O alumnado de 2º curso xogando e construíndo cos Legos no recreo da Biblio









 

venres, 27 de outubro de 2023

Día Internacional de Loita contra o Cambio Climático

 Parece que este é un ano de cambios, por iso para conmemorar o Día Internacional de Loita contra o Cambio Climático presentámosvos un novo espazo na Biblio. Aínda falta moito por engadir, pero pouco a pouco vamos creando un pequeno espazo crítico e social que dá importancia ao feito de concienciar sobre o coidado do planeta e as graves consecuencias que trae consigo o cambio climático.



HIMNO OLIMPIADAS DE CONMENIÑO

Aquí vos deixo o himno de Conmeniño Olímpico, gravado polo alumnado de 6º curso para que o resto de alumnas e alumnos do centro puidese practicar nas súas aulas.


 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E PRESENTACIÓN DA NOVA MASCOTA

Ola lectoras e lectores, 
o pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e no CEIP de Conmeniño aproveitamos para presentar oficialmente o noso Proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". Como podedes ver no vídeo, fixemos a inauguración dos xogos olímpicos pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno, creado polas alumnas e alumnos, coa axuda da mestra de música, e aproveitamos tamén para presentar a nosa nova mascota de Biblioteca


Aquí vos deixo a nosa nova mascota, creada por Vicky, alumna de 6º curso. Agora Nico, de 5º curso, que foi o segundo máis votado, elaborará a mascota olímpica, a partir desta gañadora.

Por último, gustaríame deixar por aquí todas as mascotas finalistas e o difícil que foi escoller unha única gañadora.






 

luns, 23 de outubro de 2023

Concursos de microcontos e monstros

Achégase o Samaín e con el as pantasmas, os monstros, as bruxas e as curuxas... e os contos de medo!!!

Animádesvos a participar nun concurso?

Lede con atención e mans á obra!

 EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º-6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Día das Escritoras

O pasado día 17 de Outubro foi o Día das Escritoras e por ese motivo, na porta da Biblioteca temos esta pequena exposición escollida polo alumnado.

2º de Primaria traballa coa película "Full Out"

O alumnado de 2º de Educación Primaria que acode á materia de Proxecto Competencial, deseñou e elaborou un mural sobre a película Full Out (a película trata a vida de Ariana Berlín, ximnasta estadounidense).

Unha vez visionado o filme puidemos reparar nos valores que xiran ao redor do deporte, como son a amabilidade, a empatía, a disciplina, o respecto...

Seguiremos traballando ao longo de todo o 1º trimestre sobre estes valores, para así, poder comprendelos mellor e poñelos en práctica no noso día a día.

Esperamos que vos guste!


domingo, 22 de outubro de 2023

CONCURSO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA

Queridas lectoras e lectores de Biblio Conmeniño, esta entrada no blog supón un punto de inflexión, xa que decidimos cambiar a nosa mascota da Biblioteca. Para iso, desde que comezou o curso, estamos inmersos nun Concurso grupal de ratos e ratas, en busca da nova mascota que represente ao Equipo de Biblioteca do CEIP de Conmeniño.
Así está sendo o proceso... e finalmente o martes 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, anunciaremos ao noso ratiño gañador.
Estades preparados para coñecelo?




 

Participamos no concurso moi a gustiño

Así de cómodas e cómodos participaron os nenos de 6º de Educación Infantil no concurso de bruxas e bruxos!

 








xoves, 19 de outubro de 2023

10 de outubro- Día da Saúde Mental

 O pasado 10 de outubro foi o Día da Saúde Mental e desde Biblio Conmeniño deixámosvos uns conselliños para o día a día.


Concurso de Ciberseguridade

 O alumnado de 5º e 6º curso participou este pasado mércores nun Concurso de Ciberseguridade. Tiñan que contestar preguntas sobre seguridade na rede antes de que acabara o tempo!





Obradoiro de cócteles saudables

 Na aula de 5° de Educación Infantil tivemos a visita de Emma, a mamá de Alba, que nos ensinou a preparar uns deliciosos cócteles saudables de zume e froitas. Estaba riquísimo!!!

Grazas Emma. Pasámolo xenial!











martes, 17 de outubro de 2023

CONCURSO PARA OS RECREOS DE BIBLIOPATIO

 Chega o tempo de meigas e desde Biblio Conmeniño traemos a 1ª edición do Concurso de Debuxos de Samaín. Animádevos a participar, que hai premio!




Libros do PDI

Xa temos colocados na entrada do cole a nosa exposición de libros relacionados co PDI do centro "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". 
Podedes comezar a facer uso deles tanto no centro coma na casa.


 

Mochilas viaxeiras

Ola lectores e lectoras, a principios de mes xa arrancaron as mochilas viaxeiras!









venres, 6 de outubro de 2023

BENVIDOS/AS DE NOVO Á BIBLIO DE CONMENIÑO

 Ola de novo lectoras e lectores, benvidas/os un ano máis á biblio de Conmeniño!

Este ano traémosvos a primeira edición do telexornal de Conmeniño para iniciar o noso proxecto documental integrado, CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META. Un PDI que centra a súa mirada no benestar físico e emocional, nos estilos e hábitos de vida saudable e na importancia da ciencia, o deporte, a natureza e os valores para lograr o benestar persoal e social dando cumprimento aos obxectivos propostos pola Axenda 2030.

Un proxecto que axudará a integrar nas aulas á investigación, á lectura, á busca e o descubrimento, á experimentación, á escritura e á comunicación. 

Esperamos que vos guste!