Dende o 22 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, coa celebración do Día da Paz e da Non Violencia, os nenos e nenas de 2º traballaron sobre a figura de Sadako Sasaki e a lenda das mil grúas. Comezamos averiguando un pouquiño máis sobre Sadako, quen era esa nena?, que lle ocorrera? Tamén descubrimos a orixe da lenda das mil grúas. Para rematar e coñecer moito máis a fondo a Sadako e a súa historia, fixemos unha lectura compartida, cun capítulo diario, do libro “Sadako e as mil grúas de papel” de Eleanor Coerr. Como actividade de peche creamos un final alternativo para a historia de Sadako e pintamos un debuxo que a representaba.
Podes clicar na imaxe para poder ver o póster completo!
mércores, 31 de xaneiro de 2024
SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL
Baile de Entroido
luns, 29 de xaneiro de 2024
Semana da Non violencia e a Paz
Para conmemorar a Semana da Non Violencia e a Paz, colocamos na entrada unha exposición de libros.
Ademais, en relación a Biblioteca Creativa, realizamos un obradoiro de grúas da Paz, aquí vos deixamos un breve resumo e máis a súa historia.
II Marcha pola Paz
Ola familias,
Como xa sabedes, mañá 30 de xaneiro, celebramos a II Marcha pola Paz. Ás 10:30 horas está prevista a saída por Campos, baixada ata a igrexa, avenida de Portugal e subida de volta ao cole por Meloxo.
Esperamos que nos acompañedes, un ano máis, e poidamos colgar xuntos as nosas grúas da Paz.
Ao longo desta semana, tivemos na Biblio un Obradoiro de grúas pola Paz, podedes ver no código QR a súa emocionante historia.
As familias do cole teñen algo que contarnos...
Debido a que os nenos e as nenas de Infantil están a traballar o fondo mariño, tivemos a visita de mamás, tías... que teñen algo que contarnos.
Susi, a mamá de Sergio, de 5 anos, que veu a contarnos un conto e a facer unha manualidade dun tiburón súper chula.
domingo, 28 de xaneiro de 2024
Premios saudables do primeiro trimestre
Merendas saudables no recreo para todo o grupo como premio por gañar a Autoestrada de Conmeniño ao longo do trimestre. Neste primeiro trimestre os gañadores foron: en primeiro lugar o alumnado de 4º e 5º (que participan de forma conxunta), en segundo lugar o alumnado de 3 anos e en terceiro lugar, o alumnado de 3º curso!
xoves, 11 de xaneiro de 2024
Lectores Olímpicos do mes de Decembro
Ola lectoras/es,
aquí vos deixo aos lectores Olímpicos do mes de decembro, Eneko de 2º curso e Izan, de 4º. Parabéns rapaces!
mércores, 3 de xaneiro de 2024
Taller de Braille nos recreos da Biblio para conmemorar o 3 de decembro
Para conmemorar o 3 de decembro o alumnado de 2º de Educación primaria preparou un pequeno taller sobre a escritura Braille. Tivo lugar na Biblioteca do centro ao longo de toda a semana.
Na aula, preparamos un abecedario xigante para plasmalo no corredor da Biblioteca, para que o resto dos cursos o puidesen ver. Tamén practicamos a escritura antes de comezar co obradoiro, así como as actividades que iamos presentar. Quedamos con moi boa sensación ao remate!
martes, 2 de xaneiro de 2024
En 5 anos son uns artistas!
Aquí vos deixo o vídeo do alumnado de 5 anos e o seu proxecto de arte do primeiro trimestre.
Amigo invisible
Veñen os Reis a Conmeniño
Modelo lector
Visita da mamá de Valentina
Visita de Laura, a mamá de Valentina, de 4 anos, que veu a contarnos un conto sobre elfos e a facer unha manualidade moi divertida