Amosando publicacións coa etiqueta A VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2015

O NOSO FIN DE CURSO SABOROSO E VIAXEIRO

Os dous últimos días do curso estiveron cheos de emocións, actuacións e sorpresas. Deixámosvos un pequeno vídeo resumo:



Deixámosvos ademais os vídeos das graduacións, e para ver e descargar os vídeos de todas as nosas presentacións (aínda faltan algúns, que iremos engadindo estes días), só tedes que premer AQUÍ.





E se queredes ver todas as fotos destes días, premede na imaxe inferior:


mércores, 17 de xuño de 2015

A VOLTA AO MUNDO DENDE AS VOSAS COCIÑAS

Como xa vos contabamos aquí, os reporteiros larpeiros de 6º, ao longo do curso foron compartindo con todos nós, a través do blogue, algunhas receitas do mundo para que así todos puidesemos elaborar eses pratos dende as nosas casas.

Coma sempre, os nosos pequechos, xunto coas súas familias, apuntáronse ao reto, e aquí vos deixamos algunhas imaxes das súas aventuras cociñeiras. 



Coma sempre, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

martes, 16 de xuño de 2015

DERRADEIRAS RECEITAS DOS REPORTEIROS LARPEIROS

     Así como remata o curso, rematan as viaxes gastronómicas dos nosos reporteiros. 

      Para poñer o punto final, temos dúas receitas orixinarias dos Estados Unidos que nos traen ANXO CAMBADOS e MANUEL CASTRO: un pastel trenzado de froitos secos e unhas tortas americanas.

      Agradecémoslles a todos eles os estupendos pratos e larpeiradas que nos ensinaron a preparar. Foron unha delicia!

Moitas grazas reporteiros!!!
      
 PASTEL TRENZADO DE FROITOS SECOS

fácil   X   para 6 persoas   X   tempo de elaboración: 45 minutos

PRECISAS
1 tixola
1 coitelo


INGREDIENTES
masa de hoxaldre cadrada
améndoas laminadas
noces picadas
dátiles
1 mazá
1 vaso de leite
150 g de azucre
manteiga
caramelo líquido

1. Botamos a manteiga nunha tixola e engadimos os dátiles e a mazá e fritimos todo.

2. Cando estean cociñados engadimos o leite e o azucre, e despois as améndoas e deixámolos dourar.

3. Estendemos a masa e cortámola por dous dos lados opostos en liñas paralelas.

4. Botamos a mestura anterior no centro, sobre a parte que non está cortada; coas partes cortadas, comezamos a facer unha trenza.

5. Quentamos o forno a 180º e metemos o pastel durante 20 minutos, ou ata que a masa estea dourada.

6. Por último, decoramos co caramelo líquido.

Bo proveito!


Comezamos co recheo.


 Mmm... esto está tomando moi boa pinta.


Para rematar, 20 minutiños ao forno.


No almorzo, como sobremesa ou na merenda...
delicioso a todas horas!





TORTAS AMERICANAS

moi fácil  X  para 6 persoas  X  tempo de preparación: 25 minutos

PRECISAS
1 tixola
1 batedor
1 espátula

INGREDIENTES
1 sobre de preparado para tortas
auga (a que indique no sobre)
aceite

1. Mesturamos o contido do sobre con auga e batémolo ben.

2. Para cada torta, quentamos a tixola, botamos unhas gotas de aceite e un pouco do preparado de xeito que cubra o fondo.

3. Deixamos uns segundos para que se cociñen por un lado, dámoslle a volta e cociñámolas polo outro lado.

4. Quitámolas da tixola e... a comer!














domingo, 14 de xuño de 2015

PRESENTACIÓN PDI: TRAVELLING THE USA

Neste curso, nas clases de inglés contamos co apoio dunha auxiliar de conversa, Chelsea,  unha vez á semana. Chelsea é de Wisconsin, en EEUU, polo que aproveitamos a súa estancia no cole para viaxar ata o seu país con ela. Para despedila e como tarefa final do proxecto, preparamos unha presentación sobre algunhas das cousas que aprendemos sobre o seu país. Aquí vola deixamos!


Se ademais queredes ver o vídeo de despedida que lle preparamos e fotosdo día, só tedes que premer aquí.

sábado, 13 de xuño de 2015

UN ABECEDARIO MOOOI SABOROSO!


Os nenos de 2º, coa colaboración das súas familias, dentro do tema do proxecto anual "A volta ao mundo montados nun prato" elaboraron un abecedario de alimentos en inglés. Aquí volo deixamos para quen lle interese!



Ademais do vídeo, deixámolo na bblioteca do cole para que todos poidades xogar e practicar o inglés con él.



martes, 9 de xuño de 2015

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ALIMENTOS DO MUNDO


Neste 3º trimestre, o ratiño e a ratiña propuxéronnos investigar sobre alimentos do mundo descoñecidos para nós.
  
 Cada dous martes nos deixaban un novo alimento sobre o que investigar.



E nós fomos completando os nosos libriños de alimentos do mundo coa información que iamos descubrindo. Premendo na imaxe inferior poderedes acceder aos libriños imprimibles e descargalos. Son diferentes segundo o nivel.


Cantos sabores do mundo descubrimos!

US MONUMENTS

Na nosa volta ao mundo  montados nun prato, os nenos de 4º, levaron a cabo unha pequena investigación sobre monumentos do mundo. Abraiados co que viron, decidiron desprazarse ata algún deles para falarnos de que son, onde están, canto miden...
 Para ver ata onde viaxaron, escoitar o que nos contan e practicar un pouco de inglés, só tedes que ir premendo nas estrelas do seguinte mapa interactivo.