Amosando publicacións coa etiqueta DÍA BIBLIOTECA ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA BIBLIOTECA ESCOLAR. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015 - emocionARTE

Ola a todos!
Como sabedes, o sábado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, durante estes días estamos a ter algunhas actividades relacionadas con esta festividade. 

Primeiro de nada, un resumo das aulas deste curso, xa ambientadas para ser, a través do proxecto da biblioteca, "base de exploracións", como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Aí vai un pequeno resumo!

DÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015: emocionARTE on PhotoPeach
E, para ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Estade atentos, que haberá algunha cousiña máis relacionada coa nosa biblioteca!

martes, 9 de decembro de 2014

REPORTAXE DÍA DAS BIBLIOTECAS (REPORTEIROS LARPEIROS)

Ola ratiños!
Somos os vosos amigos os reporteiros larpeiros de 6º.
Hoxe traémosvos unha pequena reportaxe sobre o Día das Bibliotecas que se celebrou no noso cole. Aquí a tedes.

"Ola, son Alex Iglesias, o Reporteiro Larpeiro de 6º. Hoxe vouvos contar como foi o noso Día das Bibliotecas.

O pasado 24 Outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Por iso,no noso colexio fixemos algo especial. Cada clase, uns días antes, elixiu un tema sobre o mundoe os seus alimentos. Fixemos grupos e ese día fomos visitando cada clase: a primeira foi a de 3 anos, que escolleu “Os Froitos do Outono”. A súa porta era moi orixinal, con forma de árbore e dela colgaban castañas coa cara de cada neno.

A segunda foi a de catro anos que escolleron"Italia". Tiñan a clase decorada con platos italianos, as bandeiras e góndolas venecianas. Logo fomos á de cinco anos que escolleron"Hawaii". Alí na porta tiñan un saúdo hawaiano, ”Aloha” que significa ola.

Despois subimos ao primeiro andar e alí visitamos a clase de primeiro; eles escolleron”Reino Unido”. Alí nos tiñan preparada unha mesa para tomar o té.

Despois fomos a de 2ºA a ver como tomaban o mate os arxentinos, a taza chámase porongo.;
Despois fomos á de 2ºB que elixiu ”China”. Alí non podían deixar o prato baleiro porque era de mala educación, tiñas que deixar un pouco de comida para que saiban que estás farto e que todo estaba boísimo.

Logo fomos ao supermercado de 3º que tiñan de todo”Philadelfia”, “Costillas de Cerdo”. 4º foi o seguinte que fomos, tiñan alí a un grovense que ganou un premio, que se chama “Javier Olleros” que si queredes velo cociñar está en San Vicente no restaurante”Culler de Pau”.

Logo fomos a quinto que traballaron sobre México. Alí o seu prato mais apreciado eran os “Chapulines” que en español son saltóns fritos. E por último os de 6º que somos os Reporteiros Larpeiros do colexio. Que iremos polo colexio e polo mundo investigando cada vez mais cousas."

martes, 28 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES I

O pasado venres 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. No noso cole, relacionado co noso proxecto deste curso, o ratiño propúxonos o seguinte: 



Aquí vos deixamos unha pequena presentación de imaxes co que pasou no cole ese día e, en breve, os REPORTEIROS LARPEIROS de 6ºde primaria farán a súa crónica do evento, estade moi atentos!

luns, 28 de outubro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Co gallo desta celebración, o ratiño encomendounos unha misión, que era que cada aula escollese unha personaxe relacionada co proxecto sobre o que estamos a traballar neste curso ("8 meses de viaxe submariña") e investigase sobre o tema escollido para ambientar a clase, a biblioteca de aula, ... Unha vez feito isto, era hora de compartilo con todos os compañeiros, polo que o venres 25 de outubro, organizados en grupos, fomos polas distintas clases e alí os nenos de cada grupo nos presentaban a personaxe escollida, o que sabían dela, ... Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas imaxes por se as queredes ver...


mércores, 23 de outubro de 2013

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola ratiños!
Como ben sabedes, o mes de outubro é o mes das Bibliotecas Escolares. O día 24 de outubro é o día escollido para rendir homenaxe a este recuncho tan especial dentro dos colexios.

Un ano máis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviounos o cartel conmemorativo para esta data. O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.


No cole celebraremos esta data o venres 25 de outubro, e estou impaciente por ver con que me sorprendedes. 

Saúdos de ratiño lector de libros científicos!

venres, 9 de novembro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN CONMENIÑO

Ola ratiños!
Aquí vos deixo un resumo en imaxes da celebración do Día das Bibliotecas Escolares 2012-2013. Moitas grazas polas vosas mensaxes!
.

mércores, 24 de outubro de 2012

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2012


Co lema, "Biblioteca escolar, acelerador de innovación", preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño -2008, Miguelanxo Prado - 2009.

Non vos esquezades de pasar mañán mércores pola biblioteca e escribirme contándome por que é que "LER É UN PRACER!"
Un saúdo, ratiños, voume poñer guapo para mañá !