venres, 29 de outubro de 2021
venres, 22 de outubro de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Bo día queridas lectoras e lectores!
Este domingo 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas Escolares de Galicia, polo que esta semana os nenos e nenas do cole estiveron traballando na presentación do Proxecto que levaremos a cabo durante este curso 2021-22 en todo o centro.
Chámase "Países do Mundo", e viaxaremos por moitos lugares para coñecer novas culturas, costumes, patrimonio... un montón de cousas!!
No seguinte vídeo nos explican os nenos e nenas o que van a facer en cada aula. Boa viaxe!!
Apertas de Gusibot.
xoves, 7 de outubro de 2021
CURSO 2021-22
Bos días queridos lectores e lectoras!!
Esta semana de outubro a BiblioConmeniño abreu de novo as súas portas para comezar este novo curso 2021-22. Esperamos vervos a todos por aquí desfrutando da lectura e das actividades da biblio, pero recordade seguir sempre as normas Covid-19.
Unha aperta de Gusibot!!