mércores, 20 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS EN GALEGO

Bo día nen@s!!
Hoxe deixámosvos unha lista con diferentes recomendacións lectoras en galego, para que gocedes coas vosas lecturas. Agardamos que poidades encontrar títulos do voso interese:
  • Escarlatina, a cociñeira defunda de Ledicia Costas da Editorial Xerais.
Este divertido conto, achéganos á historia de Román Casas que quería ser un auténtico chef, polo que lle pediu aos seus pais un curso de cociña polo seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleiro acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar á cociñeira defunta, Escarlatina.
  • Milú de Manuel Rivas da Editorial Kalandraka.
Ela é a voz de moitos nen@s que están en situación de desvantaxe social e non poden gozar do seu dereito de vivir en familia Un libro solidario que nos lembra que tamén hai lugar para a esperanza.
  • Animais de compañía de Manuel Lourenzo da Editorial Kalandraka.
De boca en boca van por toda a vila os dimes e diretes sobre unhas estranas criaturas chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa!
  • Fume de Antón Fortes da Editorial OQO Literatira.
Nunha das realidades máis infernais do século XX - como foron os campos de concentración nazis - a inocencia, o cariño e a solidariedade son capaces de acender unha luz de esperanza no futuro.
  • O achado do Castro de Manuel Núñez Singala da Editorial Galaxia.
O autor lévanos á Roma antiga, xogando coa lingua e obrigando a que os personaxes falen coma nós, nos termos de hoxe en día. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos, barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
  • O prodixio dos zapatos de cristal de Xose A. Neira Cruz da Editorial Galaxia.
Literatura e música danse a man neste musiconto (libro + cd) de xeito que se gozará de dúas experiencias á vez, tanto para os máis pequen@s como para as súas familias.
  • A cabeza de Medusa de Marilar Aleixander da Editorial Xerais.
Novela valente que trata un tema como a violación. Está destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Dende a mesma noite da agresión comeza para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse en sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren poñer sobre elas ou aferrarse ao alento de aqueles que as apoian e buscan xustiza así como que superen o sucedido.
  • Feliz idade de Olga Novo da Editorial Kalandraka.
Versos dun presente puro e esperanzado que tenden pontes interxeracionais, entre pasado e futuro.
  • Brinca Vai! de Paco Nogueiras da Editorial Kalandraka.
Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar. A natureza, a amizade, as nosas festas, os libros,... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico.


Felices lecturas e apertas de GusiBot!!

martes, 19 de maio de 2020

EDLG - LETRAS GALEGAS 2020 - As pitas baixo a choiva

As compañeiras do EDLG do noso cole elaboraron coa vosa colaboración esta fermosa iniciativa para conmemorar o Día das Letras Galegas neste ano 2020.
A proposta traballa co conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero, acompañándoo das vosas ilustracións.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades gozar co resultado.

EDLG - Letras Galegas 2020 - CEIP Plurilíngüe Conmeniño






 Grazas ao EDLG do cole pola súa iniciativa e a tod@s os que colaborástedes!!


Felices lecturas a tod@s e apertas de GusiBot!!

luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Bo día nen@s!! Como estades?
Como sabedes, onte, 17 de maio do 2020, foi a conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero que foi historiador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor e que naceu en Ferrol no ano 1910 e faleceu en Santiago de Compostela no ano 1990. 

Coa situación actual na que nos encontramos, a Real Academia Galega decidiu aprazar os actos conmemorativos ao día 31 de outubro do 2020.
Pese a iso, deixámosvos algunha alternativa virtual que nos acerca á figura deste autor.

Neste enlace podedes acceder ao seu conto As pitas baixo a choiva. Nesta páxina tedes o pdf do conto para ler cos máis pequen@s da casa. Ademais hai outros materiais como música inspirada no conto e unha unidade didáctica relacionada co libro.




Esta páxina web está dedicada especialmente aos nen@s de Educación Infantil e Primaria para a celebración das Letras Galegas, unha proposta da Real Academia Galega.
Nela podedes acceder a materiais como vídeos e audios, achegarnos en maior profundidade á obra do autor, descargables, materiais interactivos relacionados coas súa obras, ...  


Agardamos que estes materiais vos sexan de utilidade. Ao longo desta semana, iremos subindo outras propostas relacionadas coas Letras Galegas.

Un saudiño de GusiBot e felices lecturas!