sábado, 25 de novembro de 2023

Robótica nos recreos de Biblio

Como ben sabedes, a semana pasada, o alumnado de 6º curso impartiu un obradoiro de robótica ao resto do alumnado do cole. Deste modo, a través da titoría entre iguais todos aprenderon, pero sobre todo, compartiron experiencias xuntos.

Educación Infantil




Primeiro 


Segundo



Terceiro

Cuarto

Quinto

Grazas a todas/os, en especial ao alumnado de 6º por querer compartir os seus saberes e organizar este taller co resto de compañeiras/os do cole!


Xogos populares

Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.
Mestras/es, nenas/os, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!












Aos nenos e nenas de 3 e 4 anos axudáronlles os maiores de 6º, explicándolles os xogos e axudándolles no que necesitasen. Que vos compañeiros/as!





Magosto

Novembro é mes de castañas, por iso no cole tamén celebramos o Magosto. En primeiro lugar, degustamos unhas deliciosas castañas co noso castañeiro de confianza, Tin. Logo, todos os cursos, de forma internivel, realizamos un baile que tiñamos preparado. 
Ademais, durante esa semana tivemos a sorte de coñecer e xogar a xogos populares, pero isto verédelo na seguinte publicación 😉








 

Teremos pitiños?

 Con motivo do mes da ciencia, na clase de 3 anos algo están a tramar... Observación, hipótese e experimentación, que pasará?


Obradoiro de arte con luz negra

 Os nenos e nenas de 4 anos participaron nun obradoiro de arte creativo de luz negra. Se queredes ver o seu asombro e o ben que o pasaron preme no vídeo!

Robótica en Educación Infantil

 Os nenos e as nenas de 4 anos experimentan cun novo robot que temos no cole!!


xoves, 23 de novembro de 2023

Contacontos organizado polo Concello

O alumnado de Educación Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria tiveron a sorte de ter un contacontos organizado polo Concello de O Grove. O conto trataba sobre os diferentes colores que forman o arco da vella e despois fixeron unha manualidade.








 

mércores, 22 de novembro de 2023

Mes da Ciencia e experimentos

Con motivo do mes da ciencia, os nenos e as nenas de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria queren ensinarnos os seus experimentos

Expansión das cores



Fluído non newtoniano


Volcán mesturando vinagre e bicarbonato


Mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares

Durante o mes de novembro, en relación co mes da ciencia nas Bibliotecas escolares, temos na nosa entrada unha exposición de libros relacionados coa Ciencia. E ti, cal escolles?



 

domingo, 19 de novembro de 2023

Carné dos voluntari@s de Biblio

Os nosos voluntarios e voluntarias xa teñen os seus carnés e un pequeno detalliño para frontar con forza o que queda de trimestre!


 

venres, 10 de novembro de 2023

Formación de usuarios voluntarios de Biblioteca

Ola nenas e nenos, aquí vos deixo toda a información necesaria para ser un excelente voluntari@, tal e como falamos!

Deixo tamén por aquí a fotiño da reunión de hoxe no recreo, gracias a tod@s pola vosa asistencia e implicación!!

sábado, 4 de novembro de 2023

Debuxos gañadores do concurso de brux@s

 Aquí vos deixamos os debuxos das gañadoras e gañador do concurso de Brux@s! Parabéns artistas! 

E grazas tamén ao resto do alumnado por participar, preparádevos para os seguintes concursos!