luns, 24 de febreiro de 2025

8M- A muller da miña vida

 Estimadas familias:

Desde a escola queremos convidarlles a participar nunha actividade moi especial chamada "A Muller da miña vida" . Con ela buscamos recoñecer e valorar ás mulleres que forman parte da nosa vida, promovendo o respecto, a igualdade e a convivencia.

Para iso, cada neno e nena poderá enviar unha foto cunha muller importante na súa vida (mamá, avoa, irmá, tía, mestra, amiga…) xunto cunha pequena mensaxe que explique por que é especial para el ou ela.

As imaxes enviaranse ao correo indicado (biblioconmeninho@gmail.com) e serán parte dunha exposición no colexio, en relación co noso proxecto- Ollarte, onde celebraremos xuntos o papel fundamental das mulleres na nosa sociedade.

A través desta actividade, queremos fomentar no noso alumnado valores como o respecto, o agarimo e a gratitude , recoñecendo a importancia de quen nos coida, ensínannos e inspírannos cada día.

Grazas polo seu apoio e por ser parte desta fermosa iniciativa!


Ningún comentario:

Publicar un comentario