martes, 24 de maio de 2022

SOLUCIÓN 12º MONUMENTO

Este foi difícil queridas lectoras e lectores... Era o templo Fushimi  Inari-Taisha, en Kioto, Xapón!!



 Unha pista para o novo... Esta imaxe está tamén nunha das portas das vosas aulas... :)



luns, 16 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS

Ola queridas lectoras e lectores!!

Hoxe celebramos no colexio que mañán é o día das Letras Galegas: Aprendemos un montón de cousas sobre o autor ao que se lle dedica este ano, que é Florencio Delgado Gurriarán, e despois recibimos unha visita especial... O artista Tarabelos veu a visitarnos co seu espectáculo en galego de títeres e contacontos coa historia de "Sabela e o paxaro máxico", pasámolo xenial!!

Bicos de Gusibot







 

 


luns, 9 de maio de 2022

SOLUCIÓN 11º MONUMENTO

Era complicado pero acertáchedes bastantes, Gusibot viaxou á Acrópolis de Atenas, en Grecia!!


O novo monumento é súper recoñecible pero cun nome moi complicado... seredes capaces de acertar?



 

xoves, 5 de maio de 2022

MICRO ABERTO

Ola queridas lectoras e lectores!! 

Como sabedes, durante o mes de abril tivemos sesións de micro aberto nos recreos da biblio e foron todo un éxito!! Sodes todos e todas unhas grandes artistas!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos como resumo do que foron estas actuacións. Pasámolo xenial!!

Bicos de Gusibot