martes, 18 de febreiro de 2025

Encontro con autores

ENCONTRO CON AUTORES- EDUCACIÓN EMOCIONAL

Hoxe tivemos o pracer de recibir a Baia Fernández, comunicadora e adestradora emocional, nun encontro especial coa lectura do seu conto "Caracol, cara de col".

Durante a charla, tamén exploramos os diferentes tipos de conflitos que xorden tanto no cole como na casa e analizamos diversas estratexias para resolvelos de forma positiva. 🧠

As emocións afectan directamente á aprendizaxe, ás relacións e ao desenvolvemento dos nenos/as, polo que axudarlles a xestionar os seus sentimentos de forma saudable fainos máis autónomos, resilientes e felices. Foi un encontro enriquecedor que nos deixou moitas reflexións e ferramentas para seguir traballando na construción dunha contorna máis empática e consciente. 

 




#EducaciónEmocional #IntelixenciaEmocional #BaiaFernández 

Ningún comentario:

Publicar un comentario