venres, 7 de febreiro de 2025

Visita de Lara Naveiro e Andrea Menéndez

A tradición feita música! 🌿🎶

O pasado venres tivemos unha visita moi especial no noso cole! Lara Naveiro e Andrea Menéndez viñeron a falarnos da música tradicional galega, compartindo connosco a súa paixón e coñecemento. 🎻

Desde pequenas compartiron clases de música, e hoxe en día dedícanse a ela profesionalmente, facendo da música tradicional o seu modo de vida. Ensinan en moitos lugares da provincia e tamén teñen alumnado doutros países, como Costa Rica, Arxentina ou o Reino Unido, a través de internet. Ademais, xuntas forman Carracuca, unha marca de galeguismo ilustrado que promove e reivindica a nosa cultura.

A xornada estivo chea de música e emocións! 🎶 Primeiro, cantamos todxs xuntxs, logo foi a quenda das nenas de 5º, que fixeron unha fermosa actuación, e para pechar o encontro, Lara e Andrea deleitáronnos cunha interpretación final que nos fixo sentir o poder da nosa música tradicional.

Grazas, Lara e Andrea, por ensinarnos que a música tradicional é unha parte viva da nosa identidade! 🎵 Coidar, transmitir e gozar da nosa cultura é a mellor forma de mantela viva.
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario