O cine e o xornalismo chegan á aula! 🎥 David Torrado
Visita de David Torrado Alfonso
A pasada semana foi a quenda de David Torrado Alfonso, fotógrafo, arquitecto e mergullador, que compaxina ou seu traballo artístico coa ensinanza, impartindo obradoiros nos que axuda a outras persoas a contar historias a través da luz.
David traballa con Víctor Gallego, e na súa visita falounos da fotografía en movemento como ferramenta para expresarse e lembrar o pasado. Para el, a fotografía é unha maneira de mostrar o que lle apaixoa, de capturar momentos e sensacións que doutro xeito perderíanse.
Durante a sesión, mostrounos diversas fotos relacionadas co mundo do mergullo, amosando a beleza e o misterio do fondo mariño. E o máis emocionante: deixou que o alumnado tamén experimentase facendo fotos, convertendo a aula nun auténtico estudo cheo de creatividade e curiosidade.
Grazas, David, por contaxiarnos a túa paixón pola imaxe e por ensinarnos que a luz tamén pode contar historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario