venres, 28 de febreiro de 2025

ENTROIDO EN CONMENIÑO

 Ola familias,

Aquí tedes un vídeo resumo da nosa semana de entroido: mandadiños da meca, obradoiros, recreos de maquillaxe... e moito, moito baile ☺

Espero que o pasarades igual de ben que nós, moitas gracias, un ano máis, pola vosa participación e implicación.

xoves, 27 de febreiro de 2025

Artistas da maquillaxe

 Entroidos Creativos: o obradoiro de Artistas da maquillaxe foi todo un éxito!

Neste taller, os alumnos/as maiores tiveron a oportunidade de compartir a súa creatividade e destreza cos máis pequenos, peiteándoos e maquillándoos para dar renda solta á imaxinación e ao espírito festivo.

Os nenos gozaron moitísimo transformándose en animais, superheroes e personaxes máxicos, mentres que os alumnos maiores demostraron a súa gran habilidade para crear looks orixinais e divertidos. Foi un espazo cheo de risas, colaboración e, sobre todo, moita diversión!

Esta actividade non só permitiu que os máis pequenos vivisen unha experiencia única, senón que tamén fomentou a solidariedade, a cooperación e o traballo en equipo entre diferentes idades, creando un ambiente de aprendizaxe e creatividade que caracteriza á nosa comunidade educativa.

Sen dúbida, este obradoiro será un dos recordos máis bonitos destes entroidos. Xa estamos a pensar na próxima edición!


 




 

 


 

 

luns, 24 de febreiro de 2025

8M- A muller da miña vida

 Estimadas familias:

Desde a escola queremos convidarlles a participar nunha actividade moi especial chamada "A Muller da miña vida" . Con ela buscamos recoñecer e valorar ás mulleres que forman parte da nosa vida, promovendo o respecto, a igualdade e a convivencia.

Para iso, cada neno e nena poderá enviar unha foto cunha muller importante na súa vida (mamá, avoa, irmá, tía, mestra, amiga…) xunto cunha pequena mensaxe que explique por que é especial para el ou ela.

As imaxes enviaranse ao correo indicado (biblioconmeninho@gmail.com) e serán parte dunha exposición no colexio, en relación co noso proxecto- Ollarte, onde celebraremos xuntos o papel fundamental das mulleres na nosa sociedade.

A través desta actividade, queremos fomentar no noso alumnado valores como o respecto, o agarimo e a gratitude , recoñecendo a importancia de quen nos coida, ensínannos e inspírannos cada día.

Grazas polo seu apoio e por ser parte desta fermosa iniciativa!



Este foi o resultado:

 

venres, 21 de febreiro de 2025

Visita de Víctor Gallego

O cine e o xornalismo chegan á aula! 🎥

Esta vez foi a quenda de Víctor Gallego, director de documentais como Mulleres do mar, guionista e presentador en proxectos como O Salvador, ademais de xornalista e presentador de televisión. 

Na súa visita, trouxo con el cámaras e material relacionado co mundo do cine, ofrecéndolle ao alumnado unha experiencia única para coñecer de preto como se crea unha produción audiovisual. 

Ademais, tivemos o privilexio de asistir en primicia á presentación de Conexión Surfing, o novo episodio do programa de Movistar, de The Rapants, mergullándonos nun contido audiovisual de gran calidade e interese. 

Grazas, Víctor, por compartir a túa paixón polo cine, o xornalismo e a televisión! Foi unha experiencia inspiradora que seguro que deixou pegada nos nosos pequenos/as grandes artistas. 🎬✨

 

 

 

#VíctorGallego #CineNaEscola #MulleresDoMar #ConexionSurfing #TheRapants #Xornalismo #ProxectoDeArte #AprenderÉUnhaAventura

Mandadiños da Meca

 

  


E o VENRES, cada aula disfrazarase acorde a súa arte.

martes, 18 de febreiro de 2025

Encontro con autores

ENCONTRO CON AUTORES- EDUCACIÓN EMOCIONAL

Hoxe tivemos o pracer de recibir a Baia Fernández, comunicadora e adestradora emocional, nun encontro especial coa lectura do seu conto "Caracol, cara de col".

Durante a charla, tamén exploramos os diferentes tipos de conflitos que xorden tanto no cole como na casa e analizamos diversas estratexias para resolvelos de forma positiva. 🧠

As emocións afectan directamente á aprendizaxe, ás relacións e ao desenvolvemento dos nenos/as, polo que axudarlles a xestionar os seus sentimentos de forma saudable fainos máis autónomos, resilientes e felices. Foi un encontro enriquecedor que nos deixou moitas reflexións e ferramentas para seguir traballando na construción dunha contorna máis empática e consciente. 

 




#EducaciónEmocional #IntelixenciaEmocional #BaiaFernández 

sábado, 15 de febreiro de 2025

14 de febreiro- Día do amor e amizade

 O alumnado de Educación Infantil elaborou corazóns ao estilo Romero Britto, pintor e escultor brasileño que combina elementos do cubismo estereotipado, arte pop e pintura de grafiti 🎨🖌️







venres, 14 de febreiro de 2025

11 de febreiro- Día da muller e a nena na ciencia

 PINTURA INCHABLE 🎨🖌️- Experimentos creativos, organizados polo alumnado do Club de Ciencias, nos recreos da biblio.


 


 

 

 
#bibliotecacreativa

martes, 11 de febreiro de 2025

Depoemprende

Emprender dende a escola!

No noso cole estamos a participar en Depoemprende, un proxecto no que o noso alumnado aprende a crear a súa propia cooperativa. 🏢💡

-Redactamos os estatutos da empresa 📜
-Facemos un estudo de mercado 📊
-Organizamos roles e funcións dentro da cooperativa

Todo isto cun enfoque educativo, creativo e colaborativo. 🤝

💼📚 ¡Aprender a emprender dende pequenos é clave para o futuro!