Feliz Día das Artes Galegas! Somos escultores
Coma ben sabedes, este ano o artista homenaxeado é Francisco Asorey, o escultor cambadés. Así que puxémos mans á obra e velaí tedes o resultado.
Feliz Día das Artes Galegas! Somos escultores
Coma ben sabedes, este ano o artista homenaxeado é Francisco Asorey, o escultor cambadés. Así que puxémos mans á obra e velaí tedes o resultado.
O día de hoxe tivemos a sorte de ter no noso cole a Ana, optometrista, que nos explicou a importancia de coidar a nosa vista e protexela das pantallas.
Moitas gracias pola túa profesionalidade, Ana!
O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊
Tendo en conta o noso proxecto do cole, Conmeniño Olímpico, e que o boxeo é unha modalidade olímpica, tivemos a sorte de ter con nós a Lucía Soto, do grupo de Kick Boxing de Poio, para os grupos de 5 anos, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Lucía foi moi cercana con nós e ensinounos moitas cousas sobre o boxeo, prestounos os seus guantes e puidemos practicar moitos xogos!