mércores, 3 de abril de 2024

Ligas internas

 En relación co Proxecto de Centro, Conmeniño Olímpico, xuntos cara a meta, durante o 2º Trimestre levouse a cabo un torneo de fútbol nos recreos. Este, foi elaborado na súa totalidade polo alumnado de 5º curso, na materia de Proxecto Competencial. 

En primeiro lugar prepararon os carteles cos que publicitaron o torneo e escribiron unha carta a todo o alumnado para invitalos a participar. 




(Federación Colexial de Fútbol de Conmeniño, foi o nome escollido para o torneo)

Logo, chegou o momento oficial de solicitar permiso á dirección do centro para realizar os torneos nos recreos, tendo que solicitar tamén o pavillón se fose necesario, debido a climatoloxía. Tiveron que solicitar tamén a arbitraxe.



E por último, formar os equipos e poñer as datas.

Agora vos deixo un conxunto de fotos do impacto que tivo no centro este torneo, donde todo o alumnado acudía a ver os partidos dos seus compañeiros e compañeiras! Foi todo un éxito!














Ningún comentario:

Publicar un comentario