martes, 3 de xuño de 2025

Obradoiros de creacións artísticas

 O alumnado de 5º e 6º participou nos últimos meses en varios obradoiros de creación artística dentro do programa DepoEmprende na Escola. Durante este tempo, deseñaron e elaboraron con moita dedicación unha gran variedade de produtos: pulseiras, colgantes, chaveiros, marcapáxinas, figuras decorativas e outros pequenos tesouros feitos a man.

Neste post recollémolo todo en imaxes : os materiais, o proceso e os resultados finais das súas creacións, que este xoves levarán a Pontevedra para vender nun mercado escolar xunto a outros centros participantes.

 Todo o recadado será doado á Asociación de Enfermedades Raras, convertendo este proxecto nunha aprendizaxe solidaria e chea de valor.

 

 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario